Un congreso sobre Prisciliano

Este mércores 19 de setembro comezou en Compostela un Congreso sobre Prisciliano organizado por un grupo de historiadores da USC. No dia do comezo vexo nun xornal galego unha reportaxe feita coa entrevista a dous dos seus organizadores ("Prisciliano más allá de la leyenda”). As súas primeiras afirmacións...

Raimon Panikkar, no centenario dun pensador excepcional

Como se ten falado xa abondo, este ano 2018, ademais dos cincuenta anos do Dia da Patria Galega –celebrado ininterrompidamente ate hoxe– e do Maio do 68 –revolución efémera, pero onde naceron os chamados “novos movementos sociais”; un ano de utopías, no que parecía que outro mundo era un pouco máis posible que...

Carvalho Calero, un egrexio heterodoxo inxustamente tratado pola Academia

Como é ben sabido, o último plenario da Real Academia Galega decidiu, un ano máis, non lle dedicar o Día das Letras a Ricardo Carvalho Calero . En Sermos informaron que fontes próximas á presidencia da institución aseguraron que xa están dispostas a homenaxear no futuro a figura do ferrolán. A ver......

Unha vida escribindo. Trinta anos de libros

Neste ano 2018 fan xustamente trinta da publicación do meu primeiro libro: A xeración Nós. Galeguismo e relixión  (Galaxia, 1988). O libro acadou un éxito para min insospeitado, sobre todo por ser o primeiro, estando varias semanas no nº 1 do ranking de libros vendidos en galego de non de ficción. Quizais o...

“¡Se serán fillos de p…!”

O primeiro que me veu a cabeza, e logo á boca...., ante o vergoñento espectáculo que deu este venres o xuíz Pablo Llerena e os seus “cinco magníficos” mandando ao cárcere aos pacíficos deputados cataláns, ao día seguinte da súa participación no debate de investidura, foron as verbas dunha vella “Pasión gitana” que...

Pasarmos do luns á “segunda feira”

¿Por que en canto cruzamos a raia do Miño escoitamos chamarlle aos días da semana segunda-feira, terza-feira, cuarta/corta-feira, quinta-feira e sexta-feira, no canto de Luns, Martes, Mércores, Xoves e Venres (o sábado e o domingo chámanse igual)?¿Por que ao falar...

Non! Eu digo non! Digamos non!!

“Hem vist la por ser llei per a tots. Hem vist la sang -que sols fa sang- ser llei del món. No, jo dic no, diguem no. Nosaltres no som d’eixe món. Hem vist qu’han fet callar a molts homes plens de raó”....

Golpe de estado contra a democracia e as liberdades en Catalunya

Hai tempo que non cumpro cun labor querido e coidado durante anos: o artigo de opinión; en Sermos Galiza desde hai case dous anos. Estar fóra do pais, o traballo cotián, un certo sentimento de cansazo polo exceso de palabra verbal ou escrita que nos enche cada día, a mentira e a...

Francisco Carballo, unha vida de compromiso con Galiza e coa causa de Xesús de Nazaret

“As motivacións da miña vida sempre foron evanxélicas, nunca busquei na política ningún interese persoal. Considerei a miña actuación política como unha participación nun ámbito democrático e para colaborar coa democracia neste país; porque crin que era necesario defender o país nunha liña de liberación” (Victorino Pérez, Galegos e Cristiáns, Vigo 1995).

O peche do convento de Herbón, ou a morte dos ideais ecolóxicos e sociais franciscanos

A pesar do papa jesuita-franciscano Francisco e a súa presunta revolución da Igrexa a prol dos ideais evanxélicos, e mesmo despois de ter elixido para un alto cargo no Vaticano a un antigo superior xeral da querida orden franciscana –para máis, galego-, a comezos de mes soubemos que pechaba o convento de Herbón, despois de seis séculos activo

O adeus a Herminia, unha monxa galeguista e feminista

Coa dor aínda ben viva en Compostela polas mortes da curva de Angrois -un absurdo accidente froito da mestura entre imprudencias e recortes asasinos en seguridade ferroviaria que afogou, na dor polos preto dos 80 mortos, a ledicia das festas compostelás e as manifestacións do día da patria-, a gaita soaba melancólica na igrexa da Compañía de María, a carón do vello edificio da Universidade compostelán, co son do himno do antigo Reino de Galiza para dicirlle o derradeiro adeus da familia, irmás de congregación e numerosas amigas e amigos a unha monxa atípica: Herminia Estoa Bouso.

Nakba e shoá, a catástrofe que non cesa

Neste mes de maio estase a celebrar o 65º aniversario da Nakba palestina, que conmemora un funesto 15 de maio, no que a declaración do estado de Israel primeiro e a expansión violenta nos territorios palestinos, foi levando a milleiros de homes, mulleres e nenos a ser [email protected] pola forza dos seus lares polo sionismo xudeu, e [email protected] a viviren en campos de [email protected], iniciándose un éxodo progresivo que dura até hoxe. 

O matrimonio homosexual en Francia, un avance das liberdades

O recente debate sobre o matrimonio homosexual en Francia tivo unha virulencia que sorprendeu a moitos, pois non se agardaba tal reacción contraria nunha sociedade que pensabamos tan laica e liberal: a república herdeira daquela revolución francesa que proclamara a sangue e lume...

Benvido irmán Francisco

As noticias corren hoxe tan rápido que de contado se fan vellas, e os medios buscan con avidez cousas novas. Pero a chegada dun novo papa da Igrexa católica interesa a todos, sexan fieis ou non desa Igrexa.

O adeus dun papa continuísta

  O papa Bieito XVI acaba de anunciar que renunciará ao seu pontificado o próximo día 28. Unha noticia fulminante que, posiblemente, sabían moi poucos. Segundo a axencia italiana que deu a noticia, logo confirmada por outras axencias e polo mesmo Vaticano, o anuncio fíxoo o mesmo Papa na canonización dun numeroso grupo de mártires italianos.

FMI. Gravísimo erro de cálculo, ou perspectiva perversa conxénita?

Lía hai uns días en “L’humanité” que o FMI recoñecera que a austeridade que impuxo aos gobernos para saír da crise fora un erro de cálculo, polo que dous eminentes economistas desa organización (Olivier Blanchard e Daniel Leigh) entoaban un mea 

"Din: ‘¡Paz! ¡Paz!’ pero non hai paz" (Xer 6, 14)

Multiplicouse a violencia de novo no chan palestino. Violencia do exército israelí e violencia das milicias palestinas. Pero sempre, violencia contra a poboación civil dunha banda e da outra; homes, mulleres e nenos inocentes.

Unha homenaxe aos cristiáns comprometidos con Galiza

Cristianismo e galeguismo foron vividos, e aínda o son,  por moitas persoas galegas cristiás e non cristiás dun xeito absurdamente conflitivo; mesmo enfrontadas ou en relación sospeitosa e foron conciliábeis só con dificultade, particularmente desde a Guerra Incivil hespañola, co vergoñento posicionamento da Igrexa a carón do

… E o 25 de Xullo Dia da Patria Galega: [email protected] en Compostela!

Este berro que resoa en min desde a miña mocidade –noutrora, por pura ignorancia, sen a necesaria linguaxe inclusiva que agora reivindicamos xustamente, aínda que os sectores máis reaccionarios ou ignorantes da sociedade seguen impasíbeis perante el- como un compromiso co país que me acolleu de neno e que fixen meu: “Un pobo, unha terra, unha fala!”.
x