Espellos

As mulleres, dentro da nosa diversidade, coñecemos de sobra as consecuencias de quedar excluídas do discurso, de que sexan outros os que nos representen, os que falen de nós. O espello deforme do androcentrismo fai que cando falamos coa nosa voz propia se nos acuse de inverosímiles, coma se as nosas vidas só...

As eternas descoñecidas

p.p1 {margin: 0.0px 0.0px 0.0px 0.0px; font: 16.0px 'Times New Roman'; color: #232323; -webkit-text-stroke: #000000; min-height: 18.0px} p.p2 {margin: 0.0px 0.0px 0.0px 0.0px; font: 11.0px 'Trebuchet MS'; color: #232323; -webkit-text-stroke: #000000} p.p3 {margin: 0.0px 0.0px 0.0px 0.0px; font: 13.0px...

As que non somos de fiar

Seguramente hai momentos na vida onde unha preferiría calar e non ter que repetir de forma cansada e recorrente as mesmas ideas e argumentos. Hai conversas que viran, en particular para algunhas persoas que por posición vital, política e mesmo corporal nos atopamos fóra do agardado,...

Nin fondo nin forma

Di quen non ten que pedir na rúa tras perder o traballo, que toda crise é unha oportunidade e nese espírito houbo un tempo no que pensei que se cadra a suposta “crise” ía significar unha oportunidade de transformación para o sistema de...

Onde medran os acivros

Moita xente sabe, sobre todo a raíz da publicación de En vías de extinción , que a miña familia paterna provén da zona de Becerreá.  A miña familia paterna ten acivros en Herbón, onde meus avós, meu pai e meu tío viviron cando meu...

Crises e crises

Hai uns días lía con certa estupefacción unha información dunha ONG de cooperación española

Todos os dereitos, ningún deber

¡Se alguén falase dun país onde un home, polo feito de participar co seu material biolóxico na produción dunha crianza, ten dereito a determinar onde vive esta (e a súa mai, obviamente); un país onde prevalece o dereito dese señor por enriba do benestar da crianza, mesmo en casos de abusos sexuais con partes médicos de por medio ou sospeitas máis que ben fundadas, pensariamos seguramente que estamos falando de Afganistán, Arabia Saudí ou de tempos, simplemente, pretéritos.

Un para todos e algunhas para as ningunhas

Hai máis ou menos cousa dun ano, as chamémoslles “forzas vivas” do mundo da lingua, da cultura e da chamada “esquerda” remexíanse con cambras ante o anuncio do Día das Letras Galegas para Filgueira Valverde. As reaccións foron amplas e inmediatas, o rexeitamento case unánime. Aquilo non se podía tolerar. 

Aquí e acolá

Hoxe que outra muller é asasinada en Galicia, non podo evitar pensar nas miñas compañeiras paquistanís. 

Esa muller

Cada día miles de mulleres camiñamos polas rúas das nosas cidades e vilas, entramos e saímos das nosas casas (se as temos), falamos, convivimos. Cada unha de nós é diferente, única, particular. Mais detrás desa aparencia de normalidade máis de 5.200 mulleres cada ano só en Galicia teñen que acudir á xustiza para buscar unha saída á violencia. 

A estirpe de mulleres como Begoña Caamaño

Se hoxe Begoña estivese aquí seguro que riría na miña cara porque a pesar da miña afervoada, coma sempre, argumentación, no fondo eu tampouco me vexo capaz de poñerme de pé diante de vós e, como autora, non reclamar a voz común e a estirpe da que proveño. A estirpe de mulleres como Begoña Caamaño.

Disco raiado, baby!

Hai algún tempo circulaba polas redes un vídeo dunha muller nunha película tipo anos 40 que se achegaba irritada a un tocadiscos do cal non deixaba de saír o último (e insoportable) tema de Enrique Iglesias, levantaba a agulla con aceno brutal e dicía: «Hasta el coño ya!». 

Comunidades dos afectos

 

Hai momentos nos que as palabras se fan difíciles e eses adoitan ser aqueles nos que son máis necesarias. Os momentos nos que alguén importante cruza a distancia máis longa, o silencio máis amplo e definitivo e as demais quedamos destoutro lado, desnortadas.

Algo falla

Esta é a pregunta que semella estar no aire, impregnada a un tempo das súas propias respostas. «Que fallou?». Todo o mundo sabe de que falamos. Todo o mundo ten a contestación preparada, a ira contra un goberno incompetente a todas luces, antes, durante e despois.

Desaprender a indefensión

Cando tiña uns 15 anos, non estou moi certa, estaba nunha discoteca falando cun rapaz, coñecido do meu irmán maior, que en certo momento me propuxo ir dar unha volta no seu coche. Imaxino que me caeu ben, pode que me gustase, e o de ir en coche era toda unha novidade, así que accedín, a dicir verdade non recordo demasiado as miñas razóns, pero tampouco teñen que ser moi importantes. 

Kennedy, Haití e a asociación de profesorado de Wisconsin

Seguramente quen nalgún momento se interesase polo consumo responsable ou o comercio xusto oiría debater sobre a orixe da roupa que utilizamos. É este un asunto que persoalmente me preocupa profundamente polas rodas de explotación que se artellan ao redor do téxtil e das que se nos fai cómplices ás cidadás do Norte como consumidoras. 

Países sen mulleres

A principios deste ano tiven a posibilidade de viaxar a Paquistán para pasar un par de semanas traballando con mulleres de grupos de axuda mutua que unen as súas forzas para sobrepoñerse a complicadas circunstancias de vida. Unha das cousas que de maneira instantánea percibín nada mais chegar foi a ausencia de mulleres dos espazos.

Por se alguén tiña algunha dúbida

Este venres comezou un camiño de retroceso que non vou perder o tempo en sintetizar porque creo que dende entón foron xa moitas as voces atinadas, dende a OMS a Beatriz Gimeno pasando por Suso de Toro e María Xosé Queizán, que puxeron unha pinga de sentido ao obstinado esforzo do Partido Popular de devolver o estado español á súa -para eles- época máis gloriosa: a das catacumbas. Esa ou a de Isabel a Católica, como amosa o revival patrioteiro televisivo que moi acorde con ese proxecto nos invade en diversas modalidades.

Pasou algo?

Desque o sábado pasado deixei, despois de quince anos, a presidencia de Implicadas no Desenvolvemento , a pregunta repetiuse con suspicacia a cada nova mención do meu novo (vicepresidenta) e vello (fundadora) status na organización. Será que quince anos liderando unha iniciativa...

A vida ou morte

Non resulta doado admitilo pero unha das cousas que nos fai humanas é a enfermidade. O decaer e sufrimento do corpo é algo ao que ningunha persoa podemos escapar, con diferentes graos e impactos na vida e que ademais se vai tornando en condición a medida que o tempo vai avanzando polos nosos ósos, tecidos e órganos. A enfermidade, poderiamos pensar, iguálanos a todas.

Nas estremas

Semella que como unha especie de movemento pendular o poder vai desenvolvendo definicións permanentes de centros e periferias que cada día nos saúdan da mañá á noite, modelando as liñas do admisible, do respectable, do correcto.