Os mesmos e aburridos problemas de sempre

Carlos Alberto Sánchez - Xornalista


Para destacar algo positivo do partido do Dépor en Valencia hay que comezar polo final do partido. Cuando Seedorf decidiu sacar ó terreno de xogo a Adrián e a Lucas. Antes diso, do Dépor mellor non destacar nada ou case nada. Porque o equipo coruñés deu pena e volveu constatar que a sucesión de erros, neste partido tamén para cumprir a media de pifias por partido, é o que levou o equipo a ter que xogar contra o marcador. Como foi o erro? Pois como é habitual por unha pifia defensiva. Esta vez, Navarro despexa mal, deixando o balón en situación de perigo. Zaza aproveitou e conseguiu o seu gol. 

O partido non tivo moita historia. Tamén houbo polémica arbitral. Un penalti non pitado ó case inédito Gerard Valentin. O colexiado mirou para outro lado. O cadro de Seedoff encaixou dous goles, por aquilo de cumprir a media de goles apañados. Os dous goles do Valencia, o primeiro nun clamoroso erro defensivo, que define a indecencia da liña defensiva branco e azul. Indecente porque non aprenderon nada de nada en toda a temporada. A defensa deportivista é moi deficiente. De rotundo suspenso. Incapaces de corrixir erros. Absolutamente inútiles na aprendizaxe. Claro que tamén habería que dicir que os futbolistas de Primeira non están para aprender. Teñen que vir aprendidos da casa. 

Cando o partido xa estaba encarrilado, Seedorf moveu banco. Lucas saíu ao terreo de xogo. Con el no campo e con Adrián, o Dépor viu un pouco de luz. A partir de aí o Dépor brillou en Valencia. Marcou o capitán, que viña para ser a figura do equipo pero esqueceu acender a luz da estrela coa que aterrou na Coruña. Marcou o capitán e a piques estiveron de fabricar o empate entre Lucas e Adrián en varias ocasións, pero tamén se cumpriron neste partido todos os estereotipos da temporada, como por exemplo, a ineficacia goleadora.

O descenso é merecido. É inapelable. Indiscutible. Ninguén pode rasgarse as vestiduras. Perden a categoría por méritos propios. Os erros foron un sinal que definiron o equipo todo o ano.