Na procura da vitoria perdida

Carlos Alberto Sánchez - Xornalista


U-las vitorias do Dépor no 2016? Non aparece ningunha. Ningunha. Ata cando vai estar o Dépor sen gañar? Por que lle costa tanto atopar de novo a senda da vitoria? Que está pasando?

O de conseguir un triunfo é máis complexo que atopar a arca perdida que buscaba desesperadamente Indiana Jones. Claro que polo menos para o lendario Harrison Ford aquela misión era unha aventura divertida. Para o Dépor, gañar tamén é unha aventura, pero amarga porque desde que comezou o ano non sabe que é.

Alguns dos tropezos deportivistas, co paso das semanas, cobran máis significado. A goleada co Real Madrid, porque os blancos non están tan finos. O mellor non era para tanta goleada. O Real só puido empatar co Betis, por exemplo. O Valencia perdeu en Copa e en Liga, pero hoxe pregunto con sorpresa como foi capaz de salvar un punto inexplicable de Riazor. Ou o Sporting de Xixón que pasa apuros alá onde vai, menos co Dépor, partidos dos que sae airoso.

Son semanas moi propicias para dar un chimpo definitivo na clasificación, pero ese día non chega

A última vitoria deportivista foi en Riazor, co Eibar, o 19 de decembro, hai xa case dous meses. O éxito na clasificación do equipo de Víctor Sánchez del Amo afianzouse empate a empate. Tanto que o Dépor é o rei do empate. O empate reiterado cansa. Demasiadas semanas consecutivas sen ofrecer algo máis que un pírrico punto en cada enfrontamento. 

Son semanas moi propicias para dar un chimpo definitivo na clasificación, pero ese día non chega. E ao cadro herculino ben lle iría ir sumando de tres en tres antes de que o calendario comece a empinarse. Vai sendo hora de que as igualadas pasen a maior gloria.

Víctor terá que rebuscar na arca perdida de Indiana. Con ou sen aventura. Cando chegue correremos un tupido velo. Anda que quizáis o primeiro que hai que correr é a lona porque visto o visto, tras a lona non se agocha a fórmula aritmética que asegura os tres puntos dun só golpe.

Na primeira volta o Dépor gañou o Betis. Segundo a estatística dos resultados desta temporada toca gañar.