Recentemente o Estado español cedeu a xestión das autoestradas de Euskadi ao goberno autonómico vasco... igualmente é sabido que vascos e cataláns teñen privilexios económicos que a Galicia nunca chegan, e nas votacións dos orzamentos do Estado puidemos ver como Podemos e En Marea votaron contra Galicia... estas soas reflexións deberían ser suficientes para que os galegos e as galegas entendesen que se queremos unha Galicia con peso no Estado español é necesario ter partidos galegos no Parlamento español.

O BNG quedou fóra do parlamento estatal despois das últimas eleccións do 2016, e esta situación provocou que Galicia estivese "muda e ausente" no debate político estatal, xa que En Marea se pregou unha e outra vez aos mandatos de Podemos en Madrid, e estes foron sempre contrarios a Galicia... o partido do que un día formei parte (Podemos) traizoou á Galicia obreira, á mariñeira, e á Galicia rural.

Eu creo... en realidade todo Xuntos x Galicia, mesmo diría que todo Xuntos Actúa cre que vale máis ter un deputado dun partido galego coas mans libres que ter 5 ou 6 ás ordes de Madrid e como queira que Xuntos Actúa non se presenta a estas eleccións xerais, desde o seu movemento, ou corrente de opinión interna, a plataforma Xuntos x Galicia (antes Xuntos Podemos), apóstase por que ese deputado ou deputados sexan do BNG.

A cidadanía galega debe entender que para poder negociar a favor dos intereses da nosa terra é necesario determinación e non depender de Madrid, e os deputados de Podemos e PSOE dependen das ordes de Pablo Iglesias e de Pedro Sánchez... sen dúbida moitos botamos de menos o BNG no Congreso durante o últimos tres anos.

É hora de recuperar o noso peso, dar un primeiro paso na necesidade de ser protagonistas da historia, os galegos e galegas deben pensar por un momento en que, nun marco electoral tan igualado entre bloques de dereita e esquerda, se a suma das esquerdas quedasen en 173 ou 174 escanos, eses 2 que poida ter o BNG serían determinantes... nese caso o beneficio de Galicia... o de cada familiar e amigo, cada pai, nai, fillo ou filla de cada galego ou galega, será exponencial. Pode que se chegase ese momento, Galicia deixaría de ser de terceira división e daría un salto á Champions  League....por iso entendo, entendemos, que o voto útil en Galicia e para Galicia é o do BNG.