Un xornal publicou na pasada fin de semana que a campaña das eleccións galegas estaba a ter "un marcado carácter nacional". A miña alegría durou un segundo. A nación de que falaban non era a mesma que cantamos no noso himno.

Ademais, como se nos desen o parte do tempo, os medios de comunicación anuncian unha chuva constante, mesmo torrencial, de paracaidistas. Sánchez e Rajoy. Colau e Iglesias. Cantó e Rivera. Cada un destes nomes, e moitos máis, cos seus séquitos. Aterran, dinnos o que temos de facer e collen rumbo.

Como se nos desen o parte do tempo, os medios de comunicación anuncian unha chuva constante, mesmo torrencial, de paracaidistas

Non se trata só de falar das nosas cousas, mais non estaría mal darlles prioridade cando menos desta vez, que diso vai esta campaña. E se vemos o mundo con óptica galega? E se tratamos as eleccións ao Parlamento de Galiza como eleccións ao Parlamento de Galiza?

Oxalá o debate desta noite axude un pouquiño a galeguizar a política galega.