A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega celebra neste abrazo colectivo a vida e a
obra dun bo e xeneroso, a obra do profesor, do historiador do mestre de escritores. Celebramos
ao compañeiro na escrita nutricia.

A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega celebra neste abrazo colectivo a vida e a
obra dun bo e xeneroso, a obra do profesor, do historiador do mestre de escritores. Celebramos
ao compañeiro na escrita nutricia.

"A nosa gratitude para a man firme e amorosa da familia que fixo realidade os mandatos da súa
conciencia de galego de fillo desta Terra".

A nosa gratitude para a man firme e amorosa da familia que fixo realidade os mandatos da súa
conciencia de galego de fillo desta Terra.

Así hoxe mora nela ao lado dos seus, de todos aqueles cos que habitou os soños da infancia e da
madureza.

Hai dias con moitos de vos camiñei as Terras fértiles de Maceda, acompañado de xentes queridas. Íamos lle entregar á Terra por el amada as cinzas do irmao maior.Camiñamos o outono xa final de Asadur, o Rial, Tioira, Celeirón. O fértil Val de Maceda.Os lameiros de cor verde tenrura. 

É fermosamente clarificador saber da intima xeografía os territorios da tenrura onde Francisco Carballo abriu os ollos á luz que acrisolou nel un pensamento liberador para a nosa Terra, liberador para o ser humano. Escoitar o son dos ríelos que foron alta neve nos cumes. Andar en amizade os camiños entre
carballos e castiñeiros onde a luz que habitou os seus ollos se fixo entraña, fainos comprender os
lugares onde aprendeu a ler o segredos da alma humana. Onde aprendeu a escoitar o son da
natureza ao tempo que aprendía a escoitar os latexos do corazón do ser humanos do seu propio
corazón. 

Saber buscar sosego para as almas mancadas quizais naceu de ver voar algún pequeno bando
de verderolos por entre os nus salgueiros. 

Despois de ter escoitado o relato intimo das campás da espadana da Igrexa de Asadur reflexionei a infancia e a adolescencia de Francisco Carballo a fonda raíz do seu pensamento que ten a profundidade e a luminosidade dun ilustrado.

<"O pensamento de Francisco Carballo concretouse en defensa do noso dereito a determinar o noso futuro. Ese que pide que a terra sexa de novo sementada".

Viviu unha Terra farturenta que deu sustento a tantas xeracións de homes e mulleres preguntándose porque a terra fértil que o viu nacer e crecer non pode seguir a dar sustento ás xeracións futuras. Porque casas de firme perpiaño deixan hoxe ver a súa ferida entraña de sombras sen corpo. Porque foron sendo os eidos habitados pola ausencia e só son lugar onde xermina o sonoro silencio. Porque a terra fértil non sinte o tremer da seiva verde e amargue de cada primavera.

Quizais foi respostando a estas preguntas cando o pensamento de Francisco Carballo se concretou
en defensa do noso dereito a determinar o noso futuro. Ese que pide que a terra sexa de novo
sementada.

Un futuro que pide o noso dereito a estrear os ciclos da vida, estrear cada idade, na propia terra O Testeiro de neve coma referente de elevados pensamentos o Val fértil propicio ao sentimento creador da cultura, fíxoo da estirpe de Anxel Casal e Maria Miramontes de Manuel Maria de Ricardo Carballo Calero. Coma eles soubo buscar na escondida memoria dos galegos. A obra de Francisco Carballo concretouse en libros de investigación histórica sendo referente na vertebración de equipas de historiadores. Mais deixou unha obra enorme no seu activismo, que vive formando parte da nosa historia colectiva, que vive nas organizacións culturais e sociais que el axudou a crear e desenvolver.

Infatigable foi o seu activismo político social e cultural diante dos que queren nos dar a beber a noite mais amargue. 

Practicou o que en palabras da poeta Luísa Villalta era a necesidade de" devolverlle ás ideas a súa parte practica que é a de dar coherencia ás accións, tanto individuais coma colectivas."

Non esqueceu nunca aos desposuídos, ás desherdadas, a todos os que lles é negado o pan e o futuro na súa terra.

"Infatigable foi o seu activismo político social e cultural diante dos que queren nos dar a beber a noite mais amargue". 

Era o escritor o investigador necesario para unha historia sen normalizar como a nosa.

Coma historiador creou espazos fundacionais de normalidade cultural e social coma parte da necesaria normalidade política.

O alento lírico da súa prosa ten a vigorosa claridade e a tensa harmonía que é froito do coñecemento da propia lingua que trae a transparencia dos ríelos que soñaron na neve do Rodicio e baixan de augas lixeiras nesta súa terra de Maceda, cando os seus caudais aínda meniños están beirados de salgueiros.

Coma comunicador de coñecementos ten as súas pedras basilares na súa sabedoria filla dunha enorme cultura e na súa insobornabel altura ética na súa autoridade moral. Escoitalo falar era coma cálido vento do mar que ven e leva as néboas.

O seu ollar rumoroso de afectos acollía coma as cores douradas de veludo deste outono.

Ensinou que só o descoñecemento da propia historia, a ausencia de conciencia histórica coma
galegos pode derrotar os nosos soños. Sen ler o libro da nosa historia escrito por Nós mesmos,
seremos corpos inertes diante das sentencias de exclusión dos que nos negan.

Non é pouca a importancia de ser historiador nunha Terra por liberar e saber dar á luz e
interpretar as diversas e mais fondas capas que foron pousando no leito da terra fértil ate crear a
historia dunha nación o sedimento da patria que afirmaba Antón Avilés de Taramancos.
Hoxe benqueridos amigos e amigas, celebramos a un patriota galego, a un bo e xeneroso que amou
á súa terra ao pobo que nela vive a ledicia e a dor de ser Galegos.

Celebrámolo cando ven de partir coma un fértil pensamento a revoar nos camiños de Maceda e da nación toda, celebrámolo cando ven de partir sabendo o fondo cariño que lle tiñamos.