Luisa Villalta é da estirpe de María Miramontes, de Sira Alonso, de Esther Casares mulleres galegas enormes coma ela coa vitalidade irredutible da súa poesía co seu exemplo ético, cunha conciencia insubornable que podemos ler na testemuña vigorosa da sua palabra poética, dos seus ensaios, das súas obras de teatro, dos seus artigos ou colaboracións xornalísticas.

Luisa Villalta era un ser luminoso dixen hai dez años neste mesmo lugar que hoxe nos acolle e abraza coas cálidas maos do seu nome Teatro Rosalía de Castro que mellor lugar para volver a Luisa.

Luisa Villalta é da estirpe de María Miramontes, de Sira Alonso, de Esther Casares mulleres galegas enormes coma ela coa vitalidade irredutible da súa poesía co seu exemplo ético, cunha conciencia insubornable que podemos ler na testemuña vigorosa da sua palabra poética, dos seus ensaios, das súas obras de teatro, dos seus artigos ou colaboracións xornalísticas.

"Ela que ergueu a bandeira da indignación cando o noso mar estaba a reventar dolorosamentee dicía que: "a indignación común compromete á reconstrucción da dignidade." 

Volvemos a Luisa cando coa súa palabra indócil lembra a Antón Avilés de Taramancos no décimo aniversario, lembra as orientacións que nos da un dos que nos precederon para poder derrubar as eivas que nos fixeron emigrar, desertar da nosa lingua ou simplemente calar. Dinos que na palabra vigorosa de Antón Avilés están as sementes o vento xeneroso da sua idea de patria. Cito

 "Se toda a nosa historia fose así un construír máis que un acumular fragmentar e derrubar se cada Unha das nosas actuacions fose un continuo cimentar máis que un utilizar e desgastar, gozaríamos da vida dun país seguro de si mesmo, acolledor, creativo e orgulloso. "

Á luz do seu presente dá claves que aínda determinan a nosa realidade de hoxe. Falábanos do presente no que aparecera o pensamento feble que non se daba arreposto ao pensamento único, mais que en realidade é, dinos, o da renuncia ou do pensamento calado. Defende que "é necesario devolverle ás ideas a sua parte práctica que é a de dar coherencia ás accions, tanto individuais coma de grupo...."

Ela que ergueu a bandeira da indignación cando o noso mar estaba a reventar dolorosamentee dicía que: "a indignación común compromete á reconstrucción da dignidade." Era o tempo no que os Galegos tivemos que encher de loito o branco da nosa bandeira.

Nos seus poemas ponse da parte das mais desfavorecidas habitantes da Cidade pois elas son a memoria individual e colectiva do que de máis fermoso e solidario ten creado o ser humano.

Concretamente fálanos da cidade coma lugar onde acontece a vida onde a sociedade dita as súas sentenzas de exclusión. Busca a beleza do humilde a beleza dos humildados que dicía Luis Seoane.

O seu eu poético éo dentro dun nós que é desta Terra un nós que é a nosa xente, o anaco de humanidade que somos.

A cidade, esta Cidade da Coruña é para ela o lugar das tensións sociais coma grande ágora da vida onde ela toma partido polos desposuídos polas desherdadas que o son por unha sociedade patriarcal depredadora.

A cidade que lle ofrece soidades que Ela non aceita e busca outra fértil soidade a súa.

"O seu eu poético éo dentro dun nós que é desta Terra un nós que é a nosa xente, o anaco de humanidade que somos"

A soidade namorada que dicía María Zambrano cando falaba de Nietzsche, aínda que ela está máis próxima de Rosalía ou de Ana Akmatova aquela que nas portas dos cárceres de Stalin resposta á mai dun preso que lle pregunta: "vostede é escritora? Si, sono. Pois cónteo" E Luisa cóntao dende a súa alta poesía dende as colaboracións xornalísticas, dende o seu oficio de ensinante.

Ela coma Pessoa sabía que as palabras son xente e alzou a voz e dixo non á guerra e gritou Nunca Mais pois a biografía da nosa indignación ven de moi lonxe é moi longo o camiño que con ela percorremos á conquista da nosa dignidade individual e colectiva.

Mais esta cidade é todas as Cidades que o ser humano construíu coma Agora é aquela na que convivimos coma lugar que a natureza delimita a que ten zonas   de sombra, e  Ela fai un longo poema no que nos mostra aquilo que é escondida memoria da miseria, atrevese a entrar con humanidade e fraterna solidariedade para nos falar de toda a sociedade actual.

Só unha muller poeta do seu talento é capaz de abrir as xanelas de par en par, tamén para nos  mostrar estes territorios humanos que a sociedade patriarcal converteu en submundo no que ditar as súas sentenzas de exclusión.

A Musica non é para ela so unha das formas mais fermosas de creación do ser humano senón, e tamén, o lugar onde a beleza dos sons e máis o ruído son lugar intanxíbel onde o mais depurado pensamento móstranse e obriga ao ser humano a se definir diante do canto do camiñante, obriga a compartir a biografía das desposuídas. Ela escoita o son dos pasos do camiñante. Escoita as badaladas do corazón solidario que é o do ser humano.

"Haberá poesia en que salvarse? pergunta, e dinos "A poesía pouco pode resolver, mais si pode transformar a circunstancia  en monumento intemporal, a impotencia no poder da palabra creativa"

Busca nos seus poemas a Musica interior do tempo no seu transcorrer.
Escoita a música do mundo, das fontes do ser,de todo o que é entraña.
Aínda que hoxe o seu violín garda silencio, é o silencio de aquelas que escoitan o latexar do mundo.

Sempre estivo preocupada polo necesario tratamento social e educativo da nosa literatura  para que a nosa xente tivese a capacidade critica e creativa necesaria para saber ler e reescribir o mundo con escritores e escritoras que puideran escribir mesmo para quen non le, que xa dixo Rosalía.

Haberá poesia en que salvarse? pergunta, e dinos "A poesía pouco pode resolver, mais si pode transformar a circunstancia  en monumento intemporal, a impotencia no poder da palabra creativa"
Entra en lugares onde só a poeta pode entrar, no inenarrábel que “ vive e non se ve”

Dinos que o noso país está perder a memoria coma a auga que vai camiño de non se saber mar, nin río ou fonte. Alértanos de como " o río invisivel interior e metafísico que chaman progreso” quérenos emigrantes na propia terra, sen país, nin nais culturais e ideolóxicas sen pasado, cunha mocidade cito " tal coma se os tivese parido a televisión.". Cuns mass-media a oferecer “a perspectiva real ou imaginaria de que a vida sempre está noutra parte." nunca aqui "Cando o que falta é que a vida poda estar aquí Alentando e facendo posibel un masivo regreso. " Así nos fala na clareza da súa complexa poesía do seu pensamento.

Pide unha educación para a paz a xustiza liberdade.

Denuncia con dor a emigración dos mais novos que hoxe tamén denunciaría.

Constata como os máis rapaces aprenden de novo a ollada dos seus pais ausentes que só existen nas pupilas baleiras dos avós.

Ela denunciaría hoxe dende aquí que hai rapaces e rapazas no noso país que non fan tres comidas ao día.

Volvemos hoxe aos seus poemas volvemos ao seu talento de creadora para non nos perder de regreso á terra natal, ao centro de gravidade do propio ser.

Volvemos hoxe a ese ser luminoso que se chama Luisa Villalta.

Discurso pronunciado na homenaxe da AELG a Luísa Villalta . Teatro Rosalía de Castro
A Coruña 28 de setembro de 2014