O islam é unha relixión que nace una segunda metade do século VII co profeta Mahoma. É unha relixión de paz.

O islam é unha relixión que nace una segunda metade do século VII co profeta Mahoma. É unha relixión de paz. Levantouse sobre cinco piares: 1) Achada ou fe: non hai máis deus que Alá é Mahoma é seu profeta. 2) As cinco oración cotiás obrigatorias para todos os musulmás ou fieis do Islam. 3) O xaxún ou Ramadán durante un mes ao ano. 4) A caridade: parte das riquezas que cada musulmán con cartos debe ofrecer aos desfavorecidos. E 5) A peregrinación á cidade da Meca, si é posíbel.

A yihad defínese como o esforzo no camiño de deus. O islam, como o xudaísmo e o cristianismo, é unha relixión monoteísta. Deus é o mesmo para estas tres relixións. O que quere dicir que a palabra yihad non é exclusiva do islam. O cristián como o xudeu pode ser yihadista. Yihad non é matar xente, nin sementar o medo na sociedade, nin ser violento.

Os yihadistas e islamitas son apóstolos da paz e nunca do terror e da violencia

O terrorismo consiste simplemente en espallar o terror, como o que sucedeu o 3 de novembro en París, a capital francesa, ou o 22 de maio en Bruxelas, a capital belga, matando e ferindo inocentes. Os autores de estes atentados son simplemente terroristas, non son yihadistas nin tampouco islamitas. Hai que facer a xusta separación entre yihadistas e islamistas cos terroristas. Os yihadistas e islamitas son apóstolos da paz e nunca do terror e da violencia. É preciso frear a campaña de odio contra os musulmás que se está lanzando na prensa escrita, nos medios audiovisuais e nas redes sociais. Hai que deixar de deturpar o Islam.

O integrismo procede da palabra íntegro, que significa xusto. Deste modo, integrismo sería xustiza. Tampouco é exclusivo do Islam, está presente tanto no cristianismo coma no xudaísmo. Un home íntegro é un home xusto e dereito.

A maior parte dos terroristas non leu o Corán nin o estudou

Pedro Tanarro, experto en negociación, di acerca do perfil dos terroristas: “É evidente que non son xente ilustrada e cunha ideoloxía definida. A maior parte deles non leu o Corán nin o estudou. Proceden de grupos de excluídos con vínculos e estruturas desarraigadas”. Hai que evitar botar leña ao lume nesta situación de confusión que vive o mundo actual. O movemento da extrema dereita belga ten previsto para este domingo unha manifestación baixo o lema: “Expulsemos os islamitas”. Unha de dúas: ou son xenófobos ou non saben o que é un islamita.

Agora en Europa toda a xente ten medo dos musulmás, unha situación dramática que provocou a prensa occidental. As causas dos atentados de París e Bruxelas, como as dos anteriores, habería que buscalas nos conflitos en Oriente Próximo, nos problemas de racismo, de integración, desemprego e falta de acceso a unha educación de calidade que sofre a comunidade musulmá en Bélxica e Francia, sobre todo. Os autores dos atentados en Francia e Bélxica son nacidos nestes países, a gran pregunta é: por que esta xente nacida en Europa atenta contra Europa?

Para atopar unha solución aos problemas de terrorismo e dos refuxiados habería que repensar a organización social global e facela máis xusta e máis humanista

Eu creo que para atopar unha solución aos problemas de terrorismo e dos refuxiados habería que repensar a organización social global e facela máis xusta e máis humanista. A UE quedou superada polo fluxo de refuxiados procedente de Asia é África. Os líderes europeos en complicidade coa burguesía capitalista europea e americana non esperaban que ao alimentar as guerras en Asia e África a situación derivase na chegada de millóns de refuxiados ás súas fronteiras, solicitando un asilo que a UE lles nega mesmo violando o dereito ao asilo que está na súas normas: artigos 67 e 78 do Tratado e artigo 18 da Carta de Dereitos Fundamentais.

Os acordos entre a UE e Turquía de este mes para expulsar os refuxiados que chegan a Europa son unha vergoña. Os líderes europeos e americanos teñen que ser responsábeis para crear unha organización social global con moita máis xustiza e coexistencia pacífica.

Non pode existir unha illa de ricos nun océano de miseria.