O Bierzo acaba de recibir un novo golpe antigalego, xa están aprobados os novos horarios que se implantarán en Bacharelato no próximo ano. Eu sei ben como se aprobaron, pois diso encárgase o consello escolar e teño representación no do IES Padre Sarmiento en Vilafranca do Bierzo.

"Supón unha nova desilusión para os que defendemos o galego nesta rexión. Isto non é máis que unha batalla perdida, non a guerra.

Tras unha votación inutil (pois o resultado era obvio) quedou aprobado por maioría o novo horario para o curso 2015-2016 no que o galego en 1° de Bacharelato pásase a impartir ás 7:45, dándolle o nome de 'materia de libre configuración autonómica', que como xa dixen enmascara a intención das 'autoridades' de acabar co programa.
Claramente supón unha nova desilusión para os que defendemos o galego nesta rexión. Isto non é máis que unha batalla perdida, non a guerra.

Dixen na última ocasión que se non loitabamos non ía haber un galego rexo e forte, pero hai que ter en conta que se o pobo galego se une pola lingua galega non haberá loita que perdamos.

Tamén teño que agradecer o apoio de diferentes personalidades coñecidas e non coñecidas coas que comparto obxectivos.Seguiremos loitando.