Brincaba este día o presidente da Xunta a conta do erro cometido no seu día ao integrar Medio Rural e Mar nunha mesma Consellaría

Brincaba este día o presidente da Xunta a conta do erro cometido no seu día ao integrar Medio Rural e Mar nunha mesma Consellaría, fallo que o presidente da Xunta tería subsanado na recente crise de goberno. Ben, mais o que cabe aquí é preguntarse que ten feito este departamento, xa sexa unido ou separado de Medio Rural, na activación dun sector que aínda hoxe continúa a ser estratéxico na economía da Galiza. A xulgar pola crise do cerco, moi pouco.

Un só cerqueiro vasco ten máis cota que as 20 embarcacións que hai amarradas en Vigo 

Un só cerqueiro vasco ten máis cota que as 20 embarcacións que hai amarradas en Vigo. Este dado, que aparece na reportaxe que sobre este tema publicamos no Sermos Galiza 170, ilústranos á perfección sobre a grave discriminación perpetrada contra a pesca galega por parte do Goberno do Estado, que é o que realiza o reparto entre os distintos territorios do total admisíbel de capturas previamente realizado por Bruxelas. O consenso no sector non admite moita discusión: a distribución non é ponderada e lesiona gravemente os intereses da Galiza. Non por acaso mariñeiros de 120 cerqueiros manteñen un campamento fronte San Caetano desde hai 3 semanas. Sinalan a inacción da Xunta. E afirman que non deporán a súa actitude mentres non houber unha resposta positiva. Feijóo debería deixar de facer brincadeiras e pórse a traballar a serio con este asunto.