Paz, cohesión, liberdade, xustiza social? A realidade botou por terra a propaganda relativa á Unión Europea, cuxas prácticas están á vista. A libre circulación de mercadorías, capitais, persoas (dependendendo de onde veñan) e servizos provocou a concentración da riqueza en detrimento da periferia e a chegada do euro supuxo maiores desequilibrios, que se agravaron nos últimos anos coas políticas austericidas.

Galiza recibiu entre 1986 e 2014 uns 20.000 millóns de fondos europeos, mais compensou o recibido polo perdido? Claramente non se temos en conta o destino deses cartos e a peaxe que pagaron os nosos sectores produtivos.

A UE foi letal para puntais estratéxicos da economía galega, como o agrogandeiro, o financeiro, o naval ou a pesca. Só un exemplo: ningún outro país da UE perdeu máis flota e máis capacidade produtiva que Galiza. Europa non é o problema. Éo a UE, un problema engadido para unha Galiza que sufriu o afianzamento da súa economía como dependente e periférica e que implicou un modelo social inxusto e antidemocrático. Cómpre unha refundación sobre uns principios diferentes. Unha Europa ao servizo dos pobos e que non fane a capacidade de conquirirmos un autogoberno real. Está na man de todas e todos lograr un outro sistema, ao servizo das persoas e non do capital e que permita as nacións vivir por si mesmas.