Unha nación con voz propia

13 Agosto 2015 11:42 h.

Alexandre Bóveda criticaba que cos votos galegos non se defendera o país nas Cortes. "Pola unión" reclama agora un grupo parlamentar galego. 

En 1932 Alexandre Bóveda publicaba en El Pueblo Gallego un artigo no que criticaba que un deputado nas cortes que conseguira a acta con votos galegos non defendera os intereses do país, daquela no debate arredor do ferrocarril. Apenas uns anos despois, aquel nacionalista que tiña clara a necesidade dunha banca, medios de comunicación e estruturas propias era asasinado no monte da Caeira un 17 de agosto, hai agora 79 anos. Virían despois corenta longos anos nos que os votos, nin sequera os dos deputados, tiñan valor algún até que co fin da ditadura as urnas volvéronse abrir. 

Se tiveramos que facer historia desta nova etapa do Parlamento español non sería complexo contabilizar as iniciativas, os votos ou a presenza nos debates de política xeral dos asuntos de relevancia para o futuro de Galiza. Tampouco sería difícil facer relación das veces, como facía notar  Bóveda, en que [email protected] polas catro provincias galegas deron costas aos intereses do país por responder a obediencia das súas siglas. A todo isto refírese o manifesto “Pola unión” cando fala dun “grupo parlamentario galego” e pula por unha “candidatura galega unitaria”. Após a resposta á convocatoria do Día da Patria, os tempos están para o encon