Mariano Rajoy leva gobernando sete meses desde que foi investido e, previamente, ocupara, en funcións, durante dez meses a Presidencia do Goberno central. Tempo máis que suficiente para que a oposición exercese xa non só a súa responsabilidade, senón tamén a aplicación do seu programa electoral.

E a derrogación da reforma laboral, da LOMCE ou da “Lei Mordaza”? E a reforma do sistema fiscal para que pague máis quen máis ten? Toda esa ampla nómina de recortes do PP segue vixente.

Porque máis alá da política espectáculo, centrada en espertar a atención dos medios de comunicación, pouco hai a nivel estatal. E para a Galiza só desprezo, ben evidente na prórroga da concesión de Ence na ría de Pontevedra até 2073,  por non falar das concesións de máis megavatios para continuar o saqueo enerxético a costa dos nosos recursos naturais.

Entre tanto, a comisión de investigación sobre o accidente de Angrois segue a ser unha utopía ao impedila tanto o PP como o PSOE –e, lamentabelmente, non se espera que a vitoria de Pedro Sánchez nas primarias vaia favorecer as peticións de xustiza, verdade e reparación por parte das vítimas do Alvia-, ao igual que a tarifa eléctrica galega, o modelo de concerto económico ou o debate sobre o modelo territorial.