Unha campaña electoral é unha competición e toda competición ten unhas regras.


Unha campaña electoral é unha competición e toda competición ten unhas regras. En teoría deben ser neutras e deben tratar igual os desiguais. Se non é así, a competición está adulterada.

O que está a acontecer nesta campaña electoral empequenece todos os precedentes. As regras de xogo nunca foron en realidade igualitarias e -xa desde unha lei electoral que foi perfilada polas Cortes franquistas, na Lei de Reforma Política- sempre tiveron un nesgo conservador e centralista, contrario ao pluralismo nacional e social do Estado. Mais agora o problema non está tanto nas regras, que tamén, senón na súa aplicación práctica, na forma en que se están a levar a efeito e están a afectar a campaña.

"Como é posíbel que, por exemplo, o nacionalismo galego non só sexa excluído de debates nas privadas, senón mesmo na televisión pública española?"

Como é posíbel que a autoridade que rexe a competición, a Xunta Electoral, non actúe de oficio para prohibir a realización de debates que exclúen de inicio forzas políticas con representación parlamentar? Como é posíbel que, por exemplo, o nacionalismo galego non só sexa excluído de debates nas privadas, senón mesmo na televisión pública española? Nós Candidatura Galega nen sequer foi convidada a participar nun debate a 9 na TVE!!! Nen sequer unha cadeira entre 9 foi reservada para o soberanismo galego.

Estas son as regras do xogo. Quen participa nel e non as denuncia convértese en cómplice dunha fraude antidemocrática.