As matemáticas dan moito xogo, sobor de todo na política. Hai centos de interpretacións dos resultados electorais e cada quen arrima para seu lado. Hai quen se sinte gañador perdendo, hai quen perde a pesar de manter e hai quen apela a condicionantes externos, para explicar o que a xente non ve.

Eu quédome co que me preocupa, que é, a nosa terra galega e a nosa xente. En principio, e por segunda vez en seis meses, non imos ter unha formación diferenciada no congreso dos diputados que defenda, esixa e dea voz ás nosas necesidades. Non imos ter grupo propio. Pero hai unha circunstancia que cambiaría este estado: que os dous nacionalistas de ANOVA, que saíron elixidos coa confluencia con Podemos e EU, se integren no grupo mixto para liberarse dunha estratexia que xa demostrou ser un "bluff", pola perda de 67.000 votos en seis meses.

Non imos ter grupo propio. Pero hai unha circunstancia que cambiaría este estado: que os dous nacionalistas de Anova, que saíron elixidos coa confluencia con Podemos e EU, se integren no grupo mixto

Ese sería o primerio paso que deberan acompañar outras formacións galegas -entendendo como tales as que teñen o centro de decisión na nosa terra- e aquelas persoas que desta vez se quedaron na casa. Porque se sumamos os apoios que deixou de recibir o BNG (25.000) máis os que deixou de recibir A Marea (67.000), estariamos sumando arredor de 80.000 votos, descontando os que non votaron por outras circunstancias que non teñen que ver co noso país.

A xente quedou na casa, porque está cansa, porque as divisións restan. Só a creación dun novo espazo nacional galego pode sumar. Para esto hai que querer. Non haberá novo goberno e novas políticas se en vez de dedicarnos a ilusionar e a dar a benvida á xente, seguimos falando do mal que fan os outros por moi evidente que sexan as súas políticas de destrución de benestar e de dereitos conseguidos.

Nuns meses serán as eleccións galegas. Onde queremos estar?



x