A miúdo escoitariades esta frase, propia doutros tempos onde non se lle permitía ás persoas mostrar as súas emocións. A resposta do corazón e o sentir era  mal vistos cando traspasaban a intimidade e inundaban cara ao colectivo, a verdade do ser.

 

Hai anos que o tema das emocións trátase con interese, por exemplo, no ensino. As persoas teñen todo o dereito a ser, a sentir e a poder expresalo e quen está diante ten a obriga de respectalo.

 

Isto vén a conto, ao analizar a base do tema catalán, sen deixarme seducir polos interesados medios de comunicación públicos e privados. As leis están para seren cumpridas, por iso correspóndelle a quen as elabora, aproba ou modifica, que teña en conta a posibilidade de que un determinado pobo ou colectivo poida sentír e expresar.

 

Un sistema democrático permite o debate, os acordos e unha consulta, para que os do “si” e os do “non” poidan participar, argumentar o decidir.

 

Negarse a iso é pensar que a expresión do sentimento e a pretensión da súa consecución son signos de debilidade, nunha sociedade onde o presidente do goberno recorre ao “sé fuerte” que é, como xa sabedes, a segunda parte de "os homes non choran".

 



x