Parece que causou sorpresa a sentenza a Iñaki e Cristina. O estraño é que a sociedade esperase outra cousa. Unha sentenza implica os sentimentos que un xulgador poida ter fronte á controversia. Logo disto, aplícanse as normas que corresponde á decisión tomada, que é o que no ámbito xurídico chaman “Lús”.

Ou sexa, que todo foi correcto, porque a “lús” pode ser natural ou artificial, cálida, fría, de maior ou menor intensidade. Dá para alumear tódolos ambientes.

Tanto a democracia como a Constitución Española trouxeron cambios, anque os pequenos detalles -que son os realmente importantes- permanecen intactos ao respecto do anterior Réxime. En esencia, non houbo “refundación” do estado español, senón un deseño onde, co pretexto de cambio, todo seguise parecido.

Non houbo “refundación” do estado español, senón un deseño onde, co pretexto de cambio, todo seguise parecido

Entre outros temas está o que nos ocupa. Antes non sería posible xulgar un “caso Nóos”, onde están empapelados membros da Familia Real e do poder político, económico e social. Agora sí. Ese é o único cambio, pero non vai moito máis alá. Pensar que este feito iguala ás persoas do estado español é non querer recoñecer as consecuencias que a mal chamada transición deixou atadas e ben atadas.

O trato que recibimos da xustiza ou da axencia tributaria, entre outras, non nos iguala nin de lonxe. O caso non era difícil para a defensa de Cristina, porque entre os seus abogados está un dos pais da constitución. Un cociñeiro que sabe de ingredientes e tempos de coción e que se desenvolve moi ben nos fogóns que el mesmo, entre outros, deseñou.

No noso país,  a “tenza” é un terreo de cultivo que pertence a toda a veciñanza. A democracia é esta terra común a cultivar, mais desta vez, a esperada sentenza deixounos a todos e todas sen tenza. 



x