Uns aseguran que a convocatoria de eleccións débese ao medo da esquerda ó avance da dereita. Outros, din que as eleccións son polo medo da dereita que a esquerda se consolide en España e se abra unha suposta ponte con Catalunya. Tamén hai quen asegura que é o medo a non saber que facer con Catalunya, é o que leva a convocar eleccións e que se escolla un polo ou outro: o da prisión ou o da independencia.

O que está claro é que detrás de todo esto, hai medo. E tamén diante. Uns e outros temen o que lles pode acarrear as decisións que agora toman, que se quizabes lle fan perder o apoio social. Uns teñen medo a que os outros avancen e viceversa, dun lado e do outro, pero todos coinciden no medo.

E quizabes, quen mais medo teñamos, somos nós. Cidadáns e cidadás de a pé, de carne e óso; a quen nos afectarán día a día as políticas que se tomen. O medo a centrarse na cuestión catalana e que se esquezan de todo o resto (porque si, mentres tanto, continúa habendo enormes deficiencias en servizos esenciais: os médicos siguen nas rúas porque os pacientes están nos corredores, os docentes e o alumnado cunha lei que retrocede cando a educación debería ser sempre un avance, pero que non se cambia, os pensionistas ancorados en pensións que non se corresponden á realidade, os inmigrantes morrendo no Mediterráneo…) e por outro lado, o medo a que chegue algo peor.

A historia que se repite diante duns ollos que está claro que non saben ollar e aprender do pasado, ou ouvintes que non escoitan a quen narra o relato de algo que xa se sufriu.

 

A que non só teñamos estes problemas,senón que chegue tamén algo tan cruento como o retroceso de liberdades e a coerción das conciencias. O medo a que as xeracións vindeiras vivan nalgo demasiado semellante ó que sufriron os nosos avós, pero co tremendo erro de volver a tropezar na mesma pedra. Tropezar, caer, e non aprender. A historia que se repite diante duns ollos que está claro que non saben ollar e aprender do pasado, ou ouvintes que non escoitan a quen narra o relato de algo que xa se sufriu.

E serán as eleccións polo medo (polo medo ao que pode ser seguir con esta política), e polo “medo a”, ó que se nos poda vir enriba.

Mais quizabes, o que máis medo nos debería dar, é ir a votar polo medo e con medo. E non pola liberdade, con liberdade, e pola ilusión e coa ilusión dun futuro mellor.