Imaxino que para intentar limpar a súa deteriorada imaxe, Gas Natural Fenosa anda aireando ós catro ventos a suposta galeguidade do seu apelido. Publicitando a súa bondade e compromiso co medio, a cultura, o progreso e o benestar dos galegos segundo un anuncio co que nos bombardean un día se e outro tamén.

Imaxino que para intentar limpar a súa deteriorada imaxe, Gas Natural Fenosa anda aireando ós catro ventos a suposta galeguidade do seu apelido. Publicitando a súa bondade e compromiso co medio, a cultura, o progreso e o benestar dos galegos segundo un anuncio co que nos bombardean un día se e outro tamén.

"Esta empresa non é galega, a súa sede está situada en Barcelona. A única relación que ten con Galicia é para explotar os seus recursos e levarse os beneficios fóra"

Nada máis lonxe da realidade. Esta empresa non é galega, a súa sede está situada en Barcelona. A única relación que ten con Galicia é para explotar os seus recursos e levarse os beneficios fóra. Para entrar nas nosas terras cortando sen permiso as nosas árbores (aumentando a zona de servidume baixo as liñas sen pagar un só euro). Arrasando especies protexidas,modificando ríos, tirando muros centenarios...

E o que é máis grave, amedrentando ós paisanos para que accedan a todos eses abusos ou encontraranse de fronte a maquinaria xurídica da empresa e sairán peor parados. Proba disto é que en 2010 unha cuadrilla de maderistas enviados por Gas Natural Fenosa entraron a saco nos montes do Ourovello e de Coirós (A Coruña) cometendo verdadeiros estragos. Os propietarios foron ameazados (mesmo denunciados ) por aqueles auténticos mercenarios de Fenosa sen que ésta se puxese en contacto cos afectados. Parece que o benestar dos galegos, ó contrario do que reza o anuncio, non é unha das súas prioridades. Finalmente a Audiencia Provincial da Coruña puxo as cousas no seu sitio e ordenou a Gas Natural Fenosa indemnizar ós veciños por unha corta que foi extralimitada e ilegal.

"Parece que o benestar dos galegos, ó contrario do que reza o anuncio, non é unha das súas prioridades". 

A barcelonesa sede de Gas Natural Fenosa chama a atención pola súa arquitectura con plantas que saen do edificio. Como suspendidas no aire. Os guías turísticos gaban esta construcción afirmando que desafía a gravidade.

Eu creo que máis que á gravidade o que verdadeiramente desafía esta empresa é a paciencia e a dignidade de todos os galegos.



x