No  bombo da sorte tocoume formar parte  dunha  mesa electoral. Será o próximo domingo. Por alí pasarán os das vivendas protexidas  dando o voto perpetuo ós responsables do seu paro. Pensando, os moi ilusos, que  volverá haber traballo na cidade. 

 

No  bombo da sorte tocoume formar parte  dunha  mesa electoral. Será o próximo domingo. Por alí pasarán os das vivendas protexidas  dando o voto perpetuo ós responsables do seu paro. Pensando, os moi ilusos, que  volverá haber traballo na cidade. Virá Josefa  para apoiar ós que lle recortaron, aínda máis, a mísera pensión que apenas lle da para vivir. Juan , que alardea moito no bar, votará polos que desafiuzaron  (policía nacional por medio) á súa filla e netos. Condenándoa, de por vida,  a pagar por algo que non ten nin terá.  Non lles faltará o voto (por aquelo de ser do réxime) de aquel  cargo da Mariña  retirado.  O cativo non lle entrou na Escola Naval e agora está poñendo copas  en Londres.

"Aproximadamente a metade da xente do barrio non a verei ese día. Pertencen a outro grupo. Non son culpables pero sí cómplices. Son os que non irán votar". 

Antonia e  José vanse amañando coas bolsas que voluntarios lles traen da Cociña Económica. Apoiaranos igualmente . Máis que nada por respecto a Don Manuel, que foi o que lles conseguiu a “paguiña” cando voltaron das Américas sin chegar a facelas. Aquel home do ensanche que está tan enfermo, ídem. Non toma o tratamento completo dende o copago porque non lle chegan os cartos. Pero xustifícaos: “Algo había que facer porque a xente tiña os botiquíns das casas cheos e era un despilfarro”

Aproximadamente a metade da xente do barrio non a verei ese día. Pertencen a outro grupo. Non son culpables pero sí cómplices. Son os que non irán votar. Están cansos e desencantados co sistema. Callou neles o discurso de que “todos os políticos son iguais, uns ladróns”.   E, para castigalos , os moi inxenuos non van a votar por ninguén. Nin se decatan que,  coa súa pasividade,  están favorecendo que volvan a saír e medrar os máis corruptos.
O Meteo da bo para ese día. Eu non o poderei disfrutar pero a cambio serei observador , na fila un, dese proceso marabilloso  que chaman Democracia.  Un mecanismo que  custou moita sangue conseguir para que, por fin, teñamos a  opción de escoller libremente o noso futuro.



x