Asistimos nesta semana a dous importantes debates televisivos. Por primeira vez en España as posibilidades de debate estiveron abertas e puidéronse presentar distintas propostas, mais ao final, o resto que queda é o que importa.

Tres días despois do último debate, en Ciudadanos, queremos apelar non só ao exposto polo noso presidente, Albert Rivera, senón tamén ao exposto nos distintos actos, carpas ou paseos cidadáns polos nosos distintos candidatos en Galicia, do mesmo xeito que no resto de España.

Foi, e está a ser, unha campaña con ventos en contra, pero con moitos apoios das persoas que se achegaron para informarse. Está a ser unha campaña ilusionante, pasamos moitas horas na estrada, moitas horas na rúa, e pregoamos con humildade as nosas propostas electorais. Achegámonos a todos aqueles que nolo pediron, dentro das posibilidades do horario e da dispoñibilidade. Palpamos de primeira man os problemas de moitos e expuxemos e consensuamos solucións a eses problemas que outros non quixeron ou non souberon entender. E sempre con humildade agradecemos as formulacións que recibimos.

Hoxe en Ciudadanos Galicia somos máis próximos, somos máis reflexivos, e ímosvos atender, hoxe desde A Coruña, desde Lugo, desde Ourense e desde Pontevedra, queremos dicir que “vamos” presentar batalla polas solucións aos problemas que outros partidos en 40 anos de democracia non souberon afrontar. Si, fixéronse cousas ben, pero quedaron demasiadas no tinteiro, e isto ten que mudar.

En Cs imos seguir facendo os esforzos necesarios para que o sistema mellore, para que Galicia progrese na dirección adecuada, sempre cara a adiante, sabendo o que se fixo mal, enfrontándonos a temas tan indignos como a corrupción, a duplicidade de administracións, as trabas administrativas, loitando contra a falta de emprego digno e de calidade, cambiando as pedras no camiño polo apoio aos emprendedores, aos traballadores, aos autónomos e á masa social que permite que un país e un territorio se desenvolva.

Como xestores dos impostos dos españois, o noso obxectivo non é gastar máis a discreción sen importar a presión impositiva, se non gastar mellor reducindo esa presión. Esa é a base dunha boa xestión, esa é a base do progreso e do desenvolvemento, para nós, esa é e debe ser unha das responsabilidades principais da política.

Hoxe, para finalizar esta campaña, queremos apelar a todo o mundo a que vote en conciencia, a que vote pensando no progreso e no futuro, a que vote pensando no emprego, no emprendemento, na necesidade de non volver caer nos mesmos problemas que tanto dano fixeron ao noso país. É a hora de empezar un novo futuro para Galicia e para España, e está, como debe ser, en mans dos votantes.

O vindeiro domingo, “vamos” votar todos e “vamos” tomar a decisión adecuada para Galicia e para España. Estamos seguros de que se realizamos ese acto en conciencia, o resultado para Galicia, para España, e para Ciudadanos será prometedor.

Por Galicia, e por España “Vamos”.