A aprobación da Lei Valentín Paz-Andrade, Iniciativa Lexislativa Popular impulsada por grupos e movementos lusófonos que recibe a aprobación no Parlamento Galego en 11 de marzo de 2014 e publicada no DOG o 8 de abril de 2014, é un simples e marabilloso instrumento para afondar no que é o galego e no que é a súa dimensión internacional.

A aprobación da Lei Valentín Paz-Andrade, Iniciativa Lexislativa Popular impulsada por grupos e movementos lusófonos que recibe a aprobación no Parlamento Galego en 11 de marzo de 2014 e publicada no DOG o 8 de abril de 2014, é un simples e marabilloso instrumento para afondar no que é o galego e no que é a súa dimensión internacional.

"Se o que se pretende é que a Galiza se integre no vasto mundo da Lusofonía, o norte terá que baixar ao sur. E baixar sen complexos. Coma galegos. Coa certeza de que nos aprendemos moito de Portugal"

Nese aspecto todos debemos concordar. E de feito múltiples iniciativas institucionais e de base se levan deseñado e executado neste último ano. Quizais, portugués na Galiza entre a Xunta de Galiza e a Embaixada da República de Portugal no Estado Español, coa presenza dos presidentes da República Portuguesa e do goberno galego. Acto que tivo lugar na sede da R.A.G., _ a primeira gran institución civil da galeguidade _, e cómpre salientar a súa hospitalidade e colaboración xenerosa neste e noutros actos; apoiando iniciativas de base que se ven dignificadas polo apoio da centenaria institución.

Recolle, quero crer, a nosa Academia o espírito de diferentes sectores do galeguismo histórico que sempre viron en Portugal unha oportunidade. Non unha simple prolongación do que podería ser Galiza e o galego, senón que tamén unha oportunidade que non se debería deixar de explorar en todos os aspectos e evitar reducilo a unha simple cuestión de debates lingüísticos e normativos, que en nada contribúen a normalizar unhas relacións que, se acaso, xa son normais.
Hai quen poida pensar que a Lei Valentín Paz-Andrade vaia solucionar o problema lingüístico no noso país. E que “subindo” (perdoen a expresión xeográfica) o portugués ao norte xa está. Incluso haberá quen considere que deste xeito estarían solucionados todos os problemas da Galiza e das galegas e dos galegos. Dicía, e ben, Pilar García Negro nunha mesa redonda en Amarante, que oxalá todos os nosos problemas estiveran limitados a un “ñ” e ficasen resoltos cun “nh” (a cita non é literal, mais espero recoller  o espírito).

"Será baixando, traballando conxuntamente e visualizando as potencialidades da Lusofonía e admitindo tais, que o portugués subirá ao norte".

A Lei Paz-Andrade non merece que lle deamos unha perspectiva tan limitada e reducionista. Se o que se pretende é que a Galiza se integre no vasto mundo da Lusofonía, o norte terá que baixar ao sur. E baixar sen complexos. Coma galegos. Coa certeza de que nos aprendemos moito de Portugal. De entrada, do seu saber ser e estar. Consecuencia indubidábel de ser estado. Mais que ninguén dubide que os portugueses recoñecen, e até admiran, a flexibilidade de adaptación ás circunstancias máis diversas que temos os galegos. Consecuencia, creo, que de arranxar situacións cotiás derivadas da ausencia de estado. 

Será baixando, traballando conxuntamente e visualizando as potencialidades da Lusofonía e admitindo tais, que o portugués subirá ao norte. Sen complexos nin traumas. E nesta viaxe, gustaría que  R.A.G. fose elemento clave. E se teñen que mudar as normativas, mudarán. Mais cando teñan que mudar.