Seremos quen de soñar a cen anos vista? Soñar colectivamente un futuro nunha Galiza que, superando as miserias de antano, estea liberada das consecuencias dun determinado concepto de progreso que se nos marca dende fóra?

Seremos quen de soñar a cen anos vista? Soñar colectivamente un futuro nunha Galiza que, superando as miserias de antano, estea liberada das consecuencias dun determinado concepto de progreso que se nos marca dende fóra? Unha Galiza que se sexa quen de reivindicar as súas esencias sen negar o seu futuro?

Unha Galiza na que as súas potencialidades estean ao servizo dun pobo coñecedor da importancia do uso racional duns recursos que, ben empregados, son garantes de riqueza e futuro para as xeracións vindeiras.

"Soñar colectivamente un futuro nunha Galiza que, superando as miserias de antano, estea liberada das consecuencias dun determinado concepto de progreso que se nos marca dende fóra?" 

Unha Galiza orgullosa dun rural, cerne da súa esencia e fundamental para a recuperación e dinamización económica necesaria para superar o déficit demográfico que ameaza, senón remediamos xa, cun suicidio colectivo como pobo.

Un país no que o tempo se vive paseniño, gozando cada instante na contemplación dunha paisaxe incomparábel. Soñar aquel país de soutos e carballeiras. De pastos e terras labradas. Cos seus mil ríos e os seus mares liberados da polución. E saber que ese potencial é fundamental para a calidade de vida.
Soñar un país de xente orgullosa de ser galega de ambición universal. Con saudades polo que está por vir, e que “Deus nos libre dun xa foi”. E que somos quen de, cando o país o precisa, aparcar as nosas diferenzas polo ben común que permite sexamos todos mellores. 

Precisamos defender os dereitos colectivos como pobo e como nación, sen os que os nosos dereitos individuais como cidadán nada valen. Por iso, mais ca nunca, urxe unha candidatura unitaria que represente a Galiza. Para ser quen de soñar a cen anos vista.