Esta é unha afirmación que acompaña o título El vacio de la maternidad (Icaria, 1995) de Victoria Sau, falecida hai uns días, o 6 de novembro. Esa dor e tristura, esa emoción que acompaña, ás veces, a mala nova da morte, por moito que sexa algo natural, esperado ou incluso desexado, partillábase estes dous últimos días na rede pola morte da autora feminista. 

Esta é unha afirmación que acompaña o título El vacio de la maternidad (Icaria, 1995) de Victoria Sau, falecida hai uns días, o 6 de novembro. Esa dor e tristura, esa emoción que acompaña, ás veces, a mala nova da morte, por moito que sexa algo natural, esperado ou incluso desexado, partillábase estes dous últimos días na rede pola morte da autora feminista. María Xosé Queizán, dáballe un sentido adeus, á feminista e á amiga. Morreu soa, sempre disidente, na súa cadeira de rodas, nunha residencia xeriátrica onde a enfermidade a mantiña afastada do mundo que sempre cuestionou e interpretou, para revolvelo e darlle a volta coa lucidez da súa palabra, nun principio podemos darlle a razón a Queizán cando sinala que como escritora Victoria Sau morreu cando deixou de escribir. Atopei en Facebook unha ilustración con estas palabras: “Feministas: las niñas os necesitamos”. Pensei: Xusto hoxe, despois desa noticia da morte de Sau! “Fica a súa obra!”.  Ese dito tantas veces repetido, para calmar dores e atentar contra a idea definitiva da morte, tivo un sentido máis claro que outras veces, e valeu, tamén, para  mostrar o meu desacordo con Queizán e dicir que a autora Victoria Sau, a escritora feminista, está tan viva coma sempre xa que seguimos [email protected], e as nenas tamén, precisando as súas análises, as súas obras.

"A autoridade viva de Victoria Sau critica desde a súa obra e é unha voz que se une ás nosas voces, porque dela e con ela moito aprendemos,  para esixir  á fiscalía de Granada que interveña e actúe contra a venda do libro Cásate y sé sumisa"

Por iso, nais que non o sodes, agasallade ás fillas, aos fillos, que si o son, con eses revolucionarios dous volumes que conforman o Diccionario Ideológico Feminista. Profesorado de linguas, de Filosofía, botade man de moitas das entradas que están no dito Diccionario para crear unha cidadanía que sexa capaz de reflectir sobre a linguaxe e as palabras de dominación coas que convivimos. Estes dous volumes que nos ofrecen á beira de cada concepto, de cada palabra, unha lectura e actualización teórica das “autoridades”, imaxes, historias, mitos que os construíron ou cuestionaron non están exentos de ironía e mostran a sinxeleza e o rigor que caracterizan á obra da psicóloga ensaísta. Reparemos en entradas como Feminismo, que comeza cunha crítica aberta:

(traduzo)  “No Diccionario (patriarcal) Ilustrado de la  lengua a voz feminismo é definida torpemente así, “Doctrina social que concede a la mujer igual capacidad y los mismos derechos que a los hombres”. Así de breve, falsa e tendenciosa a asume a Academia de la lengua “patriarcal”. Sigan lendo para chegar á nova  definición e continúen con outras entradas como Kinder, Kirche, Küche (“[email protected], igrexa, cociña), as tres K en Alemaña, que sinalaban os roles desempeñados pola muller desde Bismark, con grande vixencia na época Hitleriana e que o franquismo adaptou como “as tres C”: Casa, Cociña, Calceta. Mergúllense con “Mujer”,  coa “Mujer-Alibí o Mujer-coartada”, con  “Hombre”, coa construción de “Género” e “Genio”, por que hai tan poucos xenios femininos? Pregunta a autora e remata a entrada cunha cita de Stendhal: “Todos os xenios que nacen mulleres se perden para a dita do público”. Enfróntese con “Matrimonio”, “Menarquía”, fagan un alto para pensar en “Menopausia”, como xa saben que no patriarcado a muller é fertilidade, convénzanse tamén de que:  “Todo “accidente natural da muller” está manipulado social, cultural e psicoloxicamente e a menopausa non podía ser menos. Despois de atribuíren á muller durante moitos anos da súa vida cantidade de desgracias, disputas, accidentes, rupturas, á súa inestabilidade persoal á causa do ciclo menstrual, velaí que o seu cese se presenta como unha nova desgracia”. Contémplense no espello coa roupa de “Madre”, “Padre”, “Hija”, “Hijo”. Lean a obra de Victoria Sau, mándenlle mensaxes ao goberno de Rajoi, ao minsitro Gallardón, á Conferencia Episcopal coas definicións de “Aborto”, “Fecundidad-Fertilidad”, “Celibato”, “Prostitución”, “Trata de Blancas”, “Infibulación”, “Derecho de Pernada”, “Violación”, “Machismo”, “Dios”. A autoridade viva de Victoria Sau critica desde a súa obra e é unha voz que se une ás nosas voces, porque dela e con ela moito aprendemos,  para esixir  á fiscalía de Granada que interveña e actúe contra a venda do libro Cásate y sé sumisa, nunha editorial presidida polo arcebispo de Granada e escrito por unha muller, Constanza Miriano, exemplo estremo de muller “alibí ou coartada”, concepto que empregou por vez primeira Hannah Arendt e que recolle Sau.

Deixen o Diccionario e procuren outros textos, o seu revulsivo ensaio  Paternidades (Icaria, 2010) para comprobaren como esa paternidade que invadiu á patria  e ao patrón deixou ao pai baleiro; as súas conferencias recollidas en  Reflexiones feministas para principios de siglo (Horas y Horas, 2000) e Segundas reflexiones feministas para el siglo XXI (Horas y Horas, 2008). Indaguen, métanse na rede, e decátense de que malia estarmos diante da desaparición física dun autora fundamental para a cultura deste estado pouco eco tivo a súa morte, que non só se debe ao seu afastamento nestes últimos anos, débese a que en realidade Victoria Sau segue a ser unha disidente e o feminismo aínda non ocupa nos medios de comunicación o lugar que lle corresponde e que é preciso recoñecer. Se entran nos arquivos dos medios escritos atoparan un artigo publicado en El País, “Mundo Macho” unha ácida e irónica reflexión daquela “España” representada por unha imaxe que foi un fracaso “El naranjito”. Se continúan coas súas pescudas poderán encontrar o seu compromiso  firme, a súa maneira de dar a cara,  aínda que a súa postura poida resultar(lle) incómoda, ou a presenten como  “primitiva”, Victoria Sau,  no marco dunha ponencia para o estudo da situación actual da prostitución no Congreso [email protected] [email protected] (12 de xullo do 2006) defendeu que, da mesma maneira que se aboliu a pena de morte, se ten que abolir a prostitución. Neses xornais que non lle dedican nin un só espazo como homenaxe,  mentres as súas obras non son noticias, por desgraza e como mostra do terrorismo machista que ela tan ben analizou, unha nova muller é asasinada en Málaga e xa van no estado español máis de corenta este ano, que se saiba. Sau coñecía ben a dificultade que teñen as mulleres maltratadas  para pedir axuda, neste sistema patriarcal, non hai ningunha opresión que o opresor non pretenda xustificar, para neutralizar calquera posíbel rebelión e lexitimar unha situación que non pode ser doutra maneira. Foi unha alegría escoitar o día 11 de novembro o espazo que o Diario Cultural da RTVG lle dedicou como homenaxe é unha mostra do seu bo labor xa avalado pola súa traxectoria.

"Nunha ponencia para o estudo da prostitución no Congreso [email protected] [email protected] defendeu que, da mesma maneira que se aboliu a pena de morte, se ten que abolir a prostitución".

Eu tiven a sorte de  coñecer  a Victoria Sau en 1995 nun xantar con María Xosé Queizán en Barcelona, no regreso da viaxe, recibín polo correo como agasallo o seu libro El vacio de la maternidad, recoméndollo, non só pola lucidez da súa proposta, tamén pola beleza coa que mostra os seus argumentos. Victoria Sau era unha grande coñecedora do mundo clásico, sabía que era aí onde había que procurar, nesas orixes, na interpretación dos mitos que nos legou o discurso patriarcal, sabía que había que volver e agarrar con forza as mans de Casandra, de Antígona e de Lisístrata, sabía que tiñan a súa propia voz. Moito se aprende con esta muller que foi feminista antes de saber de feminismo, nacida en 1930 exiliada nun país e fechada nunha ditadura, unha muller que, orfa de pai, tiña cravada a espiña da súa nai de que debía estudar, rematou psicoloxía e deu aulas na universidade e tamén exerceu como psicóloga. Daquela inesquecíbel conversa que mantivemos lembro cando me falou do matrimonio, ela tiña decidido que só podía casar cun home orfo, que non tivese pais, e así foi, casou cun verdadeiro compañeiro, e entre outras cousas, a ausencia dunha familia atávica, permitiulle escribir e argumentar. Un dos temas que máis me atraen de Victoria Sau  é a súa visión da maternidade, a negación da maternidade, foi a ela e a María Xosé Queizán a quen lles dediquei a obra de teatro que escribín Aurora Rodríguez e a súa filla Hildegart. Hai algo que me ficou moi gravado dos razoamentos da autora sobre a complicidade das relacións nai e fila, e foi terríbel descubrir como, moitas mulleres da miña xeración, fillas de nais conscientes da súa situación que desexaron que as súas fillas fósemos máis libres do que elas foron, incluso liberáronse connosco, pois mulleres da miña xeración que debemos convivir con outras mulleres que fronte  ás súas nais liberadas,  optaron por un camiño máis cómodo e adaptáronse ao patriarcado, e disto Victoria Sau sabía moito. Tamén enunciou, ademais de que madre non hai máis que ningunha, lean o libro para comprendelo, enunciou outra grande verdade: que todas as mulleres somos fillas.

Marga do Val