A sociedade galega ao igual que outras sociedades do planeta  esta nunha profunda transformación sen destino certo mais marcado pola sempre existente  loita de clases que tamén está tomando novas caras día a día. O pacto non escrito que se deu entre as clases traballadoras e o gran capital  desde o asentamento do capitalismo baseouse na  mellora das condicións de vida material da poboación  namentres o gran capital acumulaba a maior parte da  riqueza mundial.

A sociedade galega ao igual que outras sociedades do planeta  esta nunha profunda transformación sen destino certo mais marcado pola sempre existente  loita de clases que tamén está tomando novas caras día a día. O pacto non escrito que se deu entre as clases traballadoras e o gran capital  desde o asentamento do capitalismo baseouse na  mellora das condicións de vida material da poboación  namentres o gran capital acumulaba a maior parte da  riqueza mundial.

"O pacto non escrito que se deu entre as clases traballadoras e o gran capital  desde o asentamento do capitalismo baseouse na  mellora das condicións de vida material da poboación  namentres o gran capital acumulaba a maior parte da  riqueza mundial". 

O final  da era industrial na que xa nos atopamos sumidos por mor de terse superado o consumo do 50% dos recursos enerxéticos almacenados no planeta (petróleo, carbón, gas natural e proximamente uranio) xunto coa escaseza de materiais altamente necesarios (cobre, terras raras, etc ) para manter esta sociedade tecnolóxicamente avanzada estalle impedindo ao gran capital seguir co método que  empregaba para a acumulación continua de riqueza  e que nas décadas pasadas se fixo en base a explotación suavizada da man de obra o uso masivo de enerxía abundante e barata e coa explotación irracional e insostible dos recursos do planeta e do medio ambiente. Desde aproximadamente finais do 2007  o gran capital organizado en “clubs selectos” como o de Bilderberg optou por anticipar e modular unha crise mundial para así poder modificar as regras de xogo e deste xeito  seguir no seu proceso de  control e acumulación de riqueza. As novas regras impostas para poder manter a súa liña ascéndete de enriquecemento basease no roubo dos dereitos sociais e materiais do 99% da poboación mundial e na explotación  da man de obra en condicións laborais cada vez máis precarias que poden dar lugar a neo-escravitude do século XXI. A estas condicións de neo-escravitude hai que engadir a aparición de todo un corpo lexislativo e protector do seus intereses (rescates bancarios e de grandes empresas, acordo transatlántico, etc) xunto coa lexislación de concesións e proteccións a favor dos seus intereses en sectores imprescindibles para a vida como poden ser a lexislación sobre a auga existente na natureza entre a que se atopa a auga da chuvia, uso de sementes agrícolas, plantas medicinais, etc.

É certo que a sociedade occidental baseada nos modelos actuais é insostible pois e imposible un crecemento continuo nun planeta finito mesmo e insostible o actual consumo dos bens renovables pois a humanidade xa consume todo o que o planeta produce nun ano en pouco máis de 8 meses e polo tanto apostar por medidas  que teñen como finalidade  volver ao crecemento exponencial e continuo non só e irreal senón que tamén e un suicidio colectivo como especie e como clase. E un suicidio como especie porque por moito que pensemos que Galiza é algo cativo e apartado no referido ao planeta terra non é tal, pois atopase inmersa nos cambios medioambientais globais do planeta e  inserida por completo nas dinámicas de globalización económica que implican que actualmente Galiza non sexa nen quen de producir os alimentos necesarios para soster a súa poboación co risco que isto supón diante dun posible conflito armado a gran escala onde de súpeto se paralice o intercambio global non só de combustible senón tamén de alimentos (non debemos descartar que nun conflito global a fame (alimentos) se converta nunha poderosa arma de guerra.) Tamén é un suicidio  como clase, pois manter  o discurso da necesidade de volver ao crecemento continúo non significa máis que apostar por un modelo inxusto que ten como única finalidade a acumulación de riqueza dunha minoría e polo tanto significa deixar de lado a igualdade, solidariedade e xustiza social, a cambio de manter e recupera un nivel de vida material (superfluo en moitos aspectos) O crecemento continuo no que se basea o neoliberalismo tamén  é un suicidio colectivo como clase pois emprega aos traballadores do mundo rico en aliados imprescindibles para a  explotación escrava, en moitos casos ,dos traballadores do mundo pobre e  para o mantemento das condicións políticas sociais e económicas internacionais que así o fan posible.

"O crecemento continuo no que se basea o neoliberalismo tamén  é un suicidio colectivo como clase pois emprega aos traballadores do mundo rico en aliados imprescindibles para a explotación escrava, en moitos casos ,dos traballadores do mundo pobre".

Compre pois repensar a loita de clase  e pasar a entender esta non como a necesidade de mellorar as nosas condicións de vida material (saco desta afirmación aos excluídos e marxinados sociais) senón como unha loita polo reparto da riqueza material onde o obxectivo non sexa que todos vivamos mellor día tras día senón o establecemento de regras do reparto equitativo dos bens materiais e de xustiza social en base a aceptación dos límites do planeta pois hoxe vimos nel uns  7.200.000.000 de  conxéneres e os recursos do planeta non dan nen sequera para que todos e todas poidamos vivir coas condicións materias coas que vive a clase media Galega.

Fronte ao modelo impulsado pola minoría do gran capital a esquerda social empezou a traballar e impulsar medidas que pretenden frear e mesmo cambiar as tendencias impostas desde arriba e é xustamente aquí onde están xurdindo diversos movementos que empezan a ensamblarse no que parece vai conformar o corpo teórico e ideolóxico da esquerda pos-industrial. Os movementos aos que me estou referindo son o decrecionismo, a autoxestión , a soberanía alimentaria, a defensa da economía do necesario e de proximidade, os movementos de transición, o neo-feminismo -xurdido entorno a reivindicación dunha maternidade con apego-, o cooperativismo integral, ... todo ilo recuberto cun modelo organizativo profundamente asembleario e que ten como punta de lanza a loita por derrocar ao gran capital botando  por terra a democracia representativa para establecer os mecanismos necesarios dun modelo mais xusto que terá como base de funcionamento a democracia participativa.

"O nacionalismo galego ten unha materia pendente e esta non é outra que asimilar e potenciar desde unha visión netamente soberanista estes movementos só así volverá a ser visto como unha liña ideolóxica válida e necesaria para a evolución da sociedade galega desde unha perspectiva de esquerda alternativa".

Todos os movementos citados anteriormente non entra en confrontación co nacionalismo galego e máis moitos dos mesmo poden ser xermes que fagan agromar conciencia nacionalista de esquerda na persoas que os partillan. Os mellores momentos vividos polo nacionalismo galego recente tiveron como eixo do seu éxito a asimilación e adecuación a realidade galega de movementos sociais xurdidos desde sectores da esquerda social conseguindo alimentarse mutuamente unha vez resolto o debate e a orientación que cumpría potenciar. Claros exemplo deste feito son o movemento de obxección de consciencia e insubmisión  ao exercito español -que eu vivín de primeira man- e as numerosas loitas ecoloxistas a na defensa do territorio, o feminismo ,.......

O nacionalismo galego ten unha materia pendente e esta non é outra que asimilar e potenciar desde unha visión netamente soberanista estes movementos só así volverá a ser visto como unha liña ideolóxica válida e necesaria para a evolución da sociedade galega desde unha perspectiva de esquerda alternativa. A suma do nacionalismo galego de esquerda e os movementos alternativos  eu gosto  chamalo ARREDISMO.