Máis unha vez, o termo galego aparece en boca dun personaxe español asociado a algo negativo. Agora é Pedro Almodóvar, coñecido director -de culto para algun(ha)s e asociado á progresía española- quen, para exemplificar as persoas estafadas polas preferentes de Bankia fala dun 'gallego, analfabeto'.

Máis unha vez, o termo galego aparece en boca dun personaxe español asociado a algo negativo. Agora é Pedro Almodóvar, coñecido director -de culto para algun(ha)s e asociado á progresía española- quen, para exemplificar as persoas estafadas polas preferentes de Bankia fala dun 'gallego, analfabeto'. O primeiro que chama á reflexión é o porqué desta asociación de ideas nada obvia, porque as estafadas de Bankia non son fundamentalmente galegas -aquí fórono sobre todo por Nova CaixaGalicia- senón de Madrid ou de Castela-A Mancha, de onde el é e onde, por acaso, hai un índice de analfabetismo máis elevado que na Galiza. Por tanto, podía perfectamente Almodóvar facer referencia a un estafado manchego, analfabeto ou non (que tamén hai con título universitario). Por que Almodóvar se lembra entón [email protected] [email protected]? Non ha ser casualidade.

"O primeiro que chama á reflexión é o porqué desta asociación de ideas nada obvia, porque as estafadas de Bankia non son fundamentalmente galegas -aquí fórono sobre todo por Nova CaixaGalicia- senón de Madrid ou de Castela-A Mancha, de onde el é e onde, por acaso, hai un índice de analfabetismo máis elevado que na Galiza".

Iremos en breve a iso, mais antes convén reflexionar sobre as dúas actitudes máis significativas que tal comentario xerou no noso País. A primeira, a de cargar contra o director manchego, descalificándoo persoalmente (mesmo un xornalista dos medios públicos lle chamou imbécil) sen ver máis alá, como se o acontecido fose un problema persoal de Almodóvar coa Galiza. A outra, a de desculpalo -curiosamente tamén en casos desde ámbitos de sensibilidade galeguista e nacionalista- argüíndo que 'non tiña má intención' ou que falaba de algo que é unha realidade do noso País. Acho que tan negativa para nós como povo é unha como a outra. E pola mesma razón: porque non é unha cuestión persoal nin puntual. 

Con efecto, Almodóvar é apenas o síntoma. Mais estaremos enganándonos se non lle prestarmos importancia ou se obviarmos as causas profundas que o provocan. Porque como síntoma que é xa o temos visto en moitas outras ocasións, mesmo en momentos dramáticos recentes como o accidente de Angrois, e chega con se informar un bocadiño para comprobar o carácter secular destas actitudes de incomprensión e desprezo cara ao povo galego por España adiante. E non, non podemos nin debemos consideralo como algo anecdótico ou isolado porque -sen pretendermos tampouco xeneralizar este comportamento ao conxunto dos españois, pois sería inxusto e inexacto- é evidente que non o é. Ao contrario, está máis estendido do que nós [email protected] poidamos percibir porque apenas cando parte de personaxes relevantes ou famosos é que ten repercusión mediática. Mais, sobre todo, é recorrente, tanto que transita polos últimos quiñentos anos da nosa historia.

É, pois,  unha actitude tan vella como o propio proceso de doma, castración e colonización da Galiza. Desde o século XVI que voces, anónimas unhas, outras coñecidas, aldraxaron o noso País e foron asentando no imaxinario colectivo español unha visión negativa da Galiza e das súas xentes. Desde vultos da literatura española como Luis de Góngora, até os tuiteiros que nos momentos de auténtico shock social na Galiza polo que viña de acontecer en Angrois desprezaban a vida dos galegos e galegas ou se mofaban do noso sotaque, pasando polo dicionario da Real Academia Española, portavoces parlamentares, xornalistas, comentaristas mediáticos e un longo etcétera. Non é, por tanto,  casualidade. E tamén non que os españois sexan pérfidos por natureza. É simplemente o retrato que o colonizador ten do colonizado, como un ser submiso ao que é fácil humillar e que está aí para ser colocado de exemplo de todo canto de negativo é preciso ilustrar. 

"Almodóvar é apenas o síntoma. Mais estaremos enganándonos se non lle prestarmos importancia ou se obviarmos as causas profundas que o provocan"

Nese sentido, declaracións como esta son o reflexo dunha mentalidade media en España que se foi conformando á par da dominación española sobre as nacións peninsulares e que non entende nin é capaz de asumir a diferenza, moito menos se formulada en termos de realidade nacional. De modo que en moitas ocasións as mostras de galegofobia -conscientes ou non, como acontece con todas as fobias- son, nin máis nin menos, a expresión da incomprensión dunha identidade nacional evidente que non casa co paradigma de identidade española e non é posíbel asimilar. Ou, en todo o caso,  que en quiñentos anos en que os procesos de asimilación foron exercidos “con toda a riqueza de astucias e violencias”, como ben dixo Castelao, non conseguiron eliminar. 

Sabermos recoñecer isto é necesario tamén para constatarmos que non temos vontade de ser un pobo submiso, como demostraron co seu exemplo rebelde  persoas como Rosalía, Faraldo, Bóveda, Reboiras e tantos outras. Como demostrou desde sempre e está a demostrar cada día o nacionalismo galego. Mais tamén para asumirmos que a única forma de que realmente nos respecten é que nós [email protected] nos fagamos respectar; é que, como deixou dito Castelao, nos consideren capaces de romper os vínculos que nos manteñen sometidos a España e nós [email protected] aprendamos a vivir con absoluta independencia dos españois. É, en definitiva, emprendermos con decisión o camiño da soberanía. Mais non apenas por unha cuestión de respecto, tamén de necesidade, de supervivencia como povo.

"É simplemente o retrato que o colonizador ten do colonizado, como un ser submiso ao que é fácil humillar e que está aí para ser colocado de exemplo de todo canto de negativo é preciso ilustrar". 

Unha vez feita esta pequena reflexión sobre as causas dos recorrentes comportamentos galegófobos, cómpre tamén repararmos en como son recibidos entre nós. Xa mencionamos ao comezo unha reacción primaria, que responsabiliza exclusivamente o individuo e, por tanto, non é problemática politicamente. Á par, temos un amplo segmento de poboación ou ben desinformada ou que os recibe con indiferenza, cando non con mansa aceptación. En ambos os dous casos a causa profunda desta actitude face ao comportamento galegófobo é a mesma que a que o provoca, o colonialismo, só que agora desde a perspectiva do povo colonizado.

Máis preocupante é a actitude de xustificación ou de desculpa, sobre todo se partir de persoas sensíbeis e implicadas na defensa do País. Hai aquí unha primeira cuestión que cómpre colocar. Por que nós [email protected] somos @s [email protected] a desculpar ou restar importancia ás agresións contra a dignidade colectiva do povo galego ou dos nosos principais sinais de identidade? Reparemos en que as agresións verbais están a ser consideradas noutros ámbitos, de maneira inequívoca, como máis unha forma de violencia que é preciso rexeitar e erradicar. Por que non temos, entón,  a mesma actitude frente ás agresións verbais ao que somos como galegos e galegas?

"Por que nós [email protected] somos @s [email protected] a desculpar ou restar importancia ás agresións contra a dignidade colectiva do povo galego ou dos nosos principais sinais de identidade?"

Desde unha posición non xa nacionalista, mais simplemente de defensa da dignidade da Galiza, é preciso sabermos tratar deste asunto adecuadamente.  Nin minusvalorándoo, como se non tivese importancia,  nin limitándoo a actitudes persoais,  porque en ambos os dous casos estariamos errando no diagnóstico e por tanto tamén no remedio. E cando falo do remedio -esclarezo isto- non estou a pretender mudar a mentalidade española en relación á Galiza, pois sería esta unha tarefa ímproba e probabelmente infrutuosa, como non fose pola vía que nos indicaba Castelao, a de nos darmos a respectar como nación polos nosos actos contundentes e decididos.

Estou a falar de mudarmos a mentalidade galega en relación á propia condición de galegos e galegas. Porque isto, con non ser fácil, si é posíbel, para alén de absolutamente necesario. Ese é, ao cabo, o obxectivo do nacionalismo. Mais para iso temos de ter ben identificado o problema, para sabermos que non é Almodóvar, é o colonialismo. E sabendo isto, faremos mal en non lle conceder a importancia que require e farían ben -na miña modesta opinión- as organizacións galegas sensíbeis coa cuestión nacional, cultural ou lingüística en lle dar a necesaria dimensión social e política, aínda que só sexa para buscar a reacción dignificadora e para podermos producir o antídoto con que combater ese virus. Un antídoto que, sen dúbida,  debe ter como compoñentes esenciais a autoestima e o orgullo colectivo, o amor á nosa nación e á liberdade.



x