Hoxe, como cada ano desde hai xa 40, o nome de Moncho Reboiras convócanos aquí para reafirmar o noso firme compromiso e lealdade á causa pola que deu a súa vida, a da independencia nacional da Galiza, a da construción dunha Patria libre e sen explotación.

Hoxe, como cada ano desde hai xa 40, o nome de Moncho Reboiras convócanos aquí para reafirmar o noso firme compromiso e lealdade á causa pola que deu a súa vida, a da independencia nacional da Galiza, a da construción dunha Patria libre e sen explotación. Moitos outros nomes están vinculados a aquel 12 de agosto de 1975 neste Ferrol galego e operario. Os nomes [email protected] camaradas que o acompañaban no fatídico día en que foi asasinado, o [email protected] que foron presos nas horas seguintes e o de [email protected] aqueles que tiveron que fuxir da represión e coller o camiño do exilio. O dos e das camaradas que continuaron o traballo político na clandestinidade por todo o País. E tamén, o de todos nós, o das persoas que estamos hoxe aquí porque partillamos o seu combate, todas as que, en calquera canto da Galiza ou do mundo fixeron e fan súa a causa da liberdade do noso povo.

"A figura de Moncho, que nos deixou fisicamente hai xa 40 anos, non fixo máis que se agrandar desde entón e gañar significación política como paradigma de compromiso patriótico e revolucionario"

Mais hai dous nomes que se escriben com maiúsculas na historia do nacionalismo e mesmo na da Galiza contemporánea: o de Xosé Ramón Reboiras Noia, Moncho Reboiras e o do seu partido, a Unión do Povo Galego. A figura de Moncho, que nos deixou fisicamente hai xa 40 anos, non fixo máis que se agrandar desde entón e gañar significación política como paradigma de compromiso patriótico e revolucionario, como emblema da necesidade de o noso povo se organizar para o combate, como símbolo inequívoco da necesidade de continuar a loita por unha Galiza soberana e socialista. O seu partido, o noso partido, mantivo o rumo, alargou as súas filas, partillou políticas e obxectivos con millares de patriotas para construír colectivamente unha grande Frente Patriótica e un amplo movemento nacionalista que organizasen o povo na loita por unha Galiza libre. O seu partido, o noso partido, está hoxe aquí, firme e decidido a continuar o combate até o final, até a vitoria da nosa causa.

Do mesmo modo que aquel 12 de agosto nos legou nomes que permanecen e gañan de ano para ano, en dimensión política e simbólica, tamén deixou outros ocultos e na impunidade. Non coñecemos o nome das persoas que dispararon e segaron a vida do noso camarada, mais mesmo que os coñecésemos, temos a certeza de que non pasarían á historia. Son os nomes da vergoña e da ignominia. Descoñecemos quen apretou o gatillo e, no entanto, sabemos perfectamente quen asasinou Reboiras: o Estado opresor, a España intolerante e avasaladora, a mesma que continúa a nos negar o pan e o sal, os nosos dereitos como nación e mesmo a posibilidade de podermos vivir dignamente do noso traballo no noso próprio País. 

Por iso, porque a dominación española continúa, tamén a nosa determinación é a mesma que a que moveu Reboiras e o noso obxectivo permanece vigorante: organizar o povo galego para loitar pola soberanía da nosa patria. E manteremos determinación e obxectivo porque, facendo noso o acertado aserto de Castelao, só deixaremos de loitar pola liberdade cando a conquistarmos. Somos conscientes de temos por diantre un labor constante e complexo, de traballo social e político que implica sacrifícios persoais e colectivos, esforzo de autoorganización, vontade de estar permanentemente ao lado do povo, dos traballadores e traballadoras, dos colectivos agredidos e das persoas maltratadas. Mais esa foi, é e será a nosa maneira de entender o traballo militante. Precisamente porque o nacionalismo foi, é e será sempre activo interveniente en todos os conflitos que enfrontan os galegos e galegas cos poderes estabelecidos, conscientes -como acabamos de reafirmar- de que defender o noso povo é defender Galiza e que defender Galiza como nación é sinónimo de defender o povo traballador galego.

"Porque a dominación española continúa, tamén a nosa determinación é a mesma que a que moveu Reboiras e o noso obxectivo permanece vigorante: organizar o povo galego para loitar pola soberanía da nosa patria"

Ese labor de confronto social, de concienciación, de organización, exixe de nós  presenza constante e activa nos conflitos, traballo social, sindical, cultural, institucional. Supón tamén enfrontar retos electorais que deben ter sempre como obxectivo xuntar povo arredor do proxecto nacionalista e fortalecer as organizacións que o estruturan, que son ferramentas de poder popular e de soberanía. Nese sentido, vimos de pasar un proceso de eleccións locais que avaliamos como positivo, embora tamén con luces e sombras, mais que, en todo o caso, certificou a fortaleza do nacionalismo, a súa solidez política e organizativa e as súa capacidade de actuación política e social en todo o país. Os agoireiros do fin do nacionalismo, -que son lexión e con altifalantes permanentes  e poderosos nas páxinas dos xornais, nas ondas e nas pantallas de todos os medios do sistema-, e que deron por finiquitado o BNG en millenta ocasións, terán que agardar, mais unha vez, vendo como o nacionalismo recupera espazo político, revalida a súa aposta na soberanía, consolida a súa posición política e organizativa e se coloca en disposición de avanzar nos próximos envites.

Mais sabemos que estamos a vivir un momento político distinto, complexo mais ao tempo com enormes potencialidades, que tamén exixe de nós solucións diferentes e novedosas. E estamos [email protected] a enfrontar ese reto con decisión e con ilusión. O noso partido apostou historicamente en acumular forzas para dotar de masa crítica e capacidade operativa o proxecto nacionalista. Sempre, loxicamente, desde a coherencia e a claridade das propostas a defender mais tamén sen confundir os obxectivos inmediatos e puntuais cos finais e permanentes. Ou, como era común enunciar na teoría política marxista, antes de que a chamada nova política pretendese arrombar os termos politicamente precisos e significativos para os substituír por outros pretensamente modernos e absolutamente vácuos, sen confundir nunca táctica e estratexia. 

Con efecto, a Unión do Povo galego sempre tivo claro o obxectivo estratéxico, que permanece desde 1964, e soubo preservalo con independencia dos movementos tácticos necesarios para adaptar a actuación política ás circunstancias de cada momento e posibilitar o avanzo social do noso proxecto. No entanto, é verdade que  existen sempre riscos evidentes por confusión de ambos os dous planos.

"Reafirmamos aquí o noso obxectivo estratéxico e a nosa fidelidade á causa da independencia nacional e da construción na República da Galiza dunha sociedade radicalmente nova, realmente democrática, xusta, igualitaria e socialista"

Con certeza que, ao longo de máis de 50 anos de traxectoria política cometemos erros. Mais nunca caemos, nin como partido nin como movemento nacionalista nin no ideoloxismo estéril que resulta da incapacidade de formular propostas tácticas nin no acomodamento fácil ás circunstancias que leva a abandonar os obxectivos estratéxicos. E cando houbo risco real de o facer, soubemos conxuralo colectivamente e endereitar o rumo. Tamén hoxe, temos novamente ese debate sobre a mesa. E estamos a abordalo com decisión e valentía, apesar de que, é xusto recoñecelo, os camiños novos sempre son mais complexos e mais difíciles de andar.

No entanto, son necesarios. Por iso hoxe reafirmamos aquí, co documento que vimos de apresentar, o noso obxectivo estratéxico e a nosa fidelidade á causa da independencia nacional e da construción na República da Galiza dunha sociedade radicalmente nova, realmente democrática, xusta, igualitaria e socialista. Mais ao tempo sabemos que para avanzar nese obxectivo é preciso pasar etapas que fortalezan os músculos e oxixenen o corazón do proxecto nacionalista.  Xuntar povo arredor dun proxecto electoral de País, mesmo se non todo mundo partillar os nosos obxectivos estratéxicos ou tiver visións diferentes de como se deben facer as cousas. A chave é estarmos de acordo na necesidade de estabelecer as mellores condicións para que a Galiza poda falar e actuar com forza por si propia, de forma soberana.

E isto é hoxe mais necesario do que nunca. Primeiro porque é preciso sentarmos as bases para acabar de vez con gobernos criminais e corruptos, que deixan morrer persoas por non lles fornecer tratamento, que expulsan xente das súas casas para servir á cobiza dos bancos, que cortan dereitos democráticos básicos, que condenan os nosos mozos e mozas ao exilio ou que deixan queimar impunemente os montes da Galiza reducindo a cinzas o noso patrimonio natural. Sabemos que iso non será a solución aos problemas estruturais do noso País, mais é urxente e necesario e, aliás, un obxectivo partillado por largos sectores da povoación do noso País.

"A chave é estarmos de acordo na necesidade de estabelecer as mellores condicións para que a Galiza poda falar e actuar com forza por si propia, de forma soberana".

En segundo lugar porque, aínda partindo da convicción de que o Estado español non é reformábel e de que non será capaz de recoñecer nunca plenamente os dereitos das nacións que o conforman nin de aceptar o exercicio democrático do dereito de autodeterminación, entendemos que é preciso estar alí para levar propostas e dar debates que poidan resultar esclarecedores e contribuír para a tomada de conciencia nacional do noso povo. Sen dúbida iso facilitará a asunción por sectores máis largos da sociedade galega de que a única saída real para a Galiza é a ruptura democrática e un proceso constituínte propio e soberano.

Mais tamén porque estamos nun momento en que as dinámicas políticas españolas se viron reforzadas na nosa Nación co concurso inestimábel de forzas estatais da esquerda, mesmo ditas antisistema que, porén, serven gustosamente de muro de contención fronte ao avanzo dos movementos en prol da soberanía nas nacións do Estado.  É preciso  e urxente frear e inverter esa dinámica, fortalecendo propostas políticas e electorais propias, construídas sobre a base da autoorganización do povo galego e da vontade de exercermos como nación que aspira a ser libre. 

Ao longo da nosa xa dilatada traxectoria histórica, de máis de 50 anos, foi constante a preocupación da Unión do Povo Galego por unir e acumular forzas para lle dar corpo e capacidade de actuación ao movemento nacionalista. Fixémolo unhas veces conscientes de seren movementos de índole táctica e puntual e outras do carácter estratéxico desas alianzas, como a que levou á conformación dunha frente patriótica que representase politicamente a alianza das clases populares galegas no proceso de liberación nacional e social do noso povo. En todo o caso, sempre coa vontade de pór os intereses da nosa nación por diante de calquera outro. 

"Estamos nun momento en que as dinámicas políticas españolas se viron reforzadas na nosa Nación co concurso inestimábel de forzas estatais da esquerda, mesmo ditas antisistema que, porén, serven gustosamente de muro de contención fronte ao avanzo dos movementos en prol da soberanía nas nacións do Estado".

E hoxe mantemos, con convicción e con decisión, ese mesmo criterio. Saiban, por tanto, os opinadores habituais ao servizo do sistema, que tanto gostan de especulacións  e falsidadades sobre as posicións do noso Partido -os mesmos, por outra parte, que tantas veces teñen escrito en van o obituario do nacionalismo-  que a Unión do Povo Galego está firme e cohesionada coas posicións e propostas do Bloque Nacionalista Galego. Como deben saber que o propio BNG está unido, cohesionado e convicto detrás dunha proposta de unidade que consideramos esencial para garantir o futuro deste País como nación soberana e para fortalecer o proxecto nacionalista. 

E o que é mais importante aínda -porque, ao cabo,  ás plumas que escriben ao ditado do sistema nin vamos nin aspiramos a convencer- que saiban as mulleres e homes -organizados ou non- que aman e lles preocupa este País,  que poden contar connosco. Que estaremos sempre, con humildade mais tamén con toda a nosa experiencia, capacidade e capital político, en disposición de traballar para construírmos colectivamente unha proposta electoral galega soberana, que represente dignamente o noso país e defenda os seus intereses materiais e políticos no escenario que se abra no Estado. Partillamos sinceramente as ansias de unidade por Galiza, conformada sobre a base de que a nación galega existe, ten a obriga de actuar políticamente como tal e debe ter o dereito a decidir libremente o seu futuro. 

"Partillamos sinceramente as ansias de unidade por Galiza, conformada sobre a base de que a nación galega existe, ten a obriga de actuar políticamente como tal e debe ter o dereito a decidir libremente o seu futuro". 

Sobre esa base, o nacionalismo ten dado xa pasos que poden e deben abrir un novo escenario no noso País. Un escenario en que a referencia política esencial sexa a Galiza e en que o noso obxectivo, romper a dependecia e asumir a soberanía, gañe apoios até se tornar hexemónico na  sociedade galega. Ese obxectivo precisa de confianza, de esforzo, de xenerosidade. Mais tamén de decisión e de claridade política. E precisa, sobre todo, de se apoiar no povo organizado, nas organizacións políticas, sindicais e sociais propias, que articulan a vontade de sermos libres. Esa é unha das grandes leccións que nos deixou Reboiras e que sempre manteremos. Non xa por fidelidade á nosa propia historia, mais sobre todo por convicción e por necesidade. 

Afirmámolo con claridade no documento 'A hora das nacións, a hora da Galiza' que vimos de apresentar: “Se quixermos ser libres temos que comezar por romper as cadeas mentais e  pensar e actuar como persoas libres (...) con absoluta independencia en todo, por nós propios”.  E nós queremos ser libres. E para iso estamos decididos a converter os soños en realidades e as ideas en feitos, erguendo o pensamento e o exemplo de Castelao, de Bóveda e de Reboiras, convertidos xa en bandeira da nosa redención. Temos a certeza de que a Galiza libre e próspera que queremos será realidade mais cedo do que tarde. Mais temos de creala nós, coas nosas mans, conquistando a Independencia Nacional e constituíndo o noso propio Estado soberano, a República da Galiza.  Adiante por Galiza!

Texto do discurso pronunciado no acto de tributo da UPG a Moncho Reboiras (Ferrol, 12-VIII-2015)