Os insolentes, lingoreteiros, lerchos e vividores que procuran o «nirvana olívico»; os repartidores de narcóticos prescritos co obxectivo de anestesiar o «encéfalo metropolitano»; os difusores do “Vigo é unha cidade fermosa”, esa congregación sectaria de entusiastas, servidores e lacaios do goberno municipal vigués cada vez incrústanse máis á poltrona semellando lapas.

Os insolentes, lingoreteiros, lerchos e vividores que procuran o «nirvana olívico»; os repartidores de narcóticos prescritos co obxectivo de anestesiar o «encéfalo metropolitano»; os difusores do “Vigo é unha cidade fermosa”, esa congregación sectaria de entusiastas, servidores e lacaios do goberno municipal vigués cada vez incrústanse máis á poltrona semellando lapas.

"O oportunista acordo entre PSOE e PP sobre os orzamentos municipais de 2014 son unha artimaña que só servirá para o beneficio dunha exigua minoría". 

Cegados pola súa obsesión de crear unha «cidade de pedra» pretenden embobarnos nunha abraiante manobra de «sedución»; ansiosos por popularizar os seus grotescos «felpudos» de lastras, lousas e azulexos; con animo de despregar as súas parolas ampulosas, as súas arengas vaidosas, os seus sermóns patéticos e os seus panexíricos localistas; absortos por ese absurdo e caricaturesco «ideal» por converter Vigo nunha cidade de ciencia ficción, nun emporio mitolóxico, nun lugar de fantasía, nun recanto acicalado, nun municipio relambido, soberbio e aromático; un oasis máxico e doce no que a cidadanía vive nun éxtase permanente, unha cidade-xardín de residentes refinados e ilustrados, florecentes, dadivosos, afanosos e desexosos de deambular polas súas marabillosas rúas asombrosamente pavimentadas e axardinadas mentres contemplan a súa fabulosa Ría Atlántica.

Os e as viguesas son intoxicadas por determinados «medios de comunicación» que ateigan á cidadanía con inxentes cantidades de «barbitúricos propagandísticos» tralos cales todo semella radiante e as rúas convértense en tobogáns polos cales os transeúntes deléitanse deslizándose mentres soa a Sinfonía nº 1 en sol menor, Op.13 de Piotr Ilich Chaikovski. Todo é encantamento, todo lles serve na súa insistencia por «camelarnos» e con todo xa ninguén lles fai nin caso, porque sucede que a xente cansouse de tanta prestidixitación.

"Será desfavorábel porque provocará o afianzamento dunha política na que as posicións políticas e diferenzas ideolóxicas contarán pouco, pero os «intereses orgánicos» dos partidos pesarán moito máis".

O oportunista acordo entre PSOE e PP sobre os orzamentos municipais de 2014 son unha artimaña que só servirá para o beneficio dunha exigua minoría. Será nefasto porque as organizacións políticas involucradas e os seus dirixentes preferirán o proveito propio ás súas posicións políticas e ideolóxicas propias. Será infortunado porque ese compromiso institúese sobre unha visión falsa, fuleira, falaz e gaioleira, na que uns e outros serán dúas almas dun mesmo corpo. Será desfavorábel porque provocará o afianzamento dunha política na que as posicións políticas e diferenzas ideolóxicas contarán pouco, pero os «intereses orgánicos» dos partidos pesarán moito máis. Será nefasto porque os dirixentes de PSOE e PP asumirán idénticas alegacións «populistas» que aseguran altos réditos electorais pero que só benefician a uns poucos. Será moi negativo porque Vigo quedará supeditada aos designios dunhas poucas catervas e fraccións oportunistas, altivas, fachendosas e ególatras. E será infortunado porque continuará o desgoberno, o malgasto e o nepotismo, mentres os sufridos vigueses pasan un suplicio. Porén, 2015 axiña chega e Vigo rexurdirá das súas cinzas



x