A estupidez do goberno español chega a Escocia… outra vez

Pilar Fernández - Cidadá comprometida.


A noticia da prohibición da estelada en todos os xornais e televisións escocesas; non só as escocesas... a noticia foi recollida en xornais de todo o mundo. Vergonza allea. Ridículo internacional unha vez mais; unha vez mais a tan famosa #marcaEspana marcando tendencia.

@s escoceses nas redes non dubidaron en amosar a súa solidariedade co pobo catalán ante unha medida que moitos catalogaron propia do Franquismo, ou fascista sen ningún miramento. Na súa memoria, sempre, os miles de homes e mulleres que loitaron nas Brigadas internacionais durante a guerra civil española.

É unha verdadeira vergonza ter un goberno que buscando que non se fale da corrupción endémica que hai no seu seo, ou dos últimos datos económicos que indican que España está dez veces peor que cando aqueles aplicaron eses tan imprescindibles recortes, utiliza temas que saben que claramente poden ferir sensibilidades e mesmo ao sentido común (aínda para aqueles que non son nacionalistas, non vos equivoquedes) e chega a facer un ridículo de dimensións mundiais.

@s escoceses nas redes non dubidaron en amosar a súa solidariedade co pobo catalán ante unha medida que moitos catalogaron propia do Franquismo

Mais escandaloso cando se coñeceu que a decisión foi tomada pola Delegada do Goberno (que non só é nomeada polo Goberno senón que o representa) e que para mais inri ten vínculos familiares coa Fundación Francisco Franco; un verdadeiro despropósito, e unha total e absoluta falta de respecto á propia Constitución, á liberdade de expresión e mesmo a leis internacionais que chaman ao respecto ás nacións que conforman Europa. 

O mesmo acontece cando se inundan as portadas e as canles de televisión con denuncias sobre doutros países de Latinoamérica, cando aquí hai tanto (tanto, tantísimo) que rascar. Interfiren en procesos que non son propios, satanizan a quen pensa distinto, criminalizan aos que protestan; é o único argumento que teñen, (nostálxicos doutros tempos), isto... e o medo.

Os que nunca creron verdadeiramente nun sistema democrático, senón na imposición, sempre botarán man dunha única estratexia: xerar cortiñas de fume, insultando e buscando ofender, para desviar a atención sobre temas de tal gravidade como que o Partido do Goberno español debería ser investigado de forma global e mesmo valorada a súa ilegalización pola noxenta corruPPción que dende tantos anos ha leva campando por todo o territorio español. Para eles, todo vale para manterse no poder. Basta xa de cortiñas de fume. Viva a democracia. Viva a democracia REAL.