Non votarei en 2015 a...

Rodri Suárez - Xornalista


Como mínimo este ano hai dúas chamadas ás urnas: as municipais e as xerais. E posto que iso dos propósitos de ir ao ximnasio ou mellorar o inglés están máis que vistos, vai unha lista de promesas cara o ano que entra sobre a quen non vou votar:

Como mínimo este ano hai dúas chamadas ás urnas: as municipais e as xerais. E posto que iso dos propósitos de ir ao ximnasio ou mellorar o inglés están máis que vistos, vai unha lista de promesas cara o ano que entra sobre a quen non vou votar: 

-Non vou votar a PP nin PSOE.

-Non vou votar a Rosa Díaz, Albert Rivera ou calquera cousa que lle guste a Pedro J. Ramírez e a caverna mediática. 

-Non vou votar a Unión Coruñesa ou calquera cousa que lle guste a Paco Vázquez ou Santiago Rey

-Non vou votar a mesías nin a rancios. 

-Non vou votar aos que utilizan un montón de frases feitas moi guais que significan máis ben pouco.

-Non vou votar aos que aínda se fan pallas pensando en tiranos, chámense Franco ou Stalin (malia saber diferenciar entre a España fascista e a URSS). 

-Non vou votar aos que van de súper-demócratas e logo manexan o cotarro en xuntanzas de elite. 

-Non vou votar aos que defenden que a solución máxica a todo pasa por ser simplemente “patriota”, sexa da patria que sexa.

-Non vou votar a quen negue que neste Estado existen máis nacións que a única oficialmente recoñecida.

-Non vou votar a quen se di “esquerdista”, “socialista” ou mesmo “comunista” e logo sei que nas circunstancias decisivas da vida real actúa de xeito totalmente contrario ao que significan esas palabras.

-Non vou votar a quen me pide o seu voto en vez de pedirme a miña opinión.

-Non vou votar a quen acepte a débeda ilexítima ou teña dúbidas respecto da necesidade da renda mínima básica ou da importancia das igualdades. 

-Non vou votar por reeditar de ningunha maneira aquela terrible desilusión que se chamou bipartito. Ou bipartitos.

-Non vou votar por quen lle importa tres carallos o futuro do galego, nin por quen pense que o futuro do galego pasa polo tostón e a naftalina. 

-Non vou votar aos que se preocupen máis polo(s) seu(s) chiringuito(s) que polos nosos problemas. 

-Non vou votar a ningún elitista.

-Non vou votar hipotéticos edificios de futuro se podo conseguir xa o piso (literal) que necesito.

-Non vou votar a quen pensa desde Madrid, porque lle tira dun pé o resto do territorio estatal; pero tampouco a quen cre que pode coñecer Galiza sen saír da zona vella de Compostela ou a quen pretenda dirixir A Coruña de María Pita aos Cantóns, sen pisar barrio.

-Non vou votar a quen non queira cambiar todo.

-E, se me apetece -que para algo manteño espírito libertario- se non se cumpren estas condicións (que tampouco son para tanto) pois igual nin sequera vou votar.