As figuras do taller do Mestre Mateo, que son da familia Franco. As funcionarias da Xunta en Lugo que se negan a contestar en galego, que son de Franco. O Valle de los Caídos. A fundación Francisco Franco. Tanto franquismo neste país, neste estado. Un franquismo legal que persegue e mantén presos a demócratas.

Uns son [email protected], [email protected] maiores e [email protected] [email protected] e a vida vaise pasando, foise pasando. Baixo o franquismo. Aínda. Estas décadas de gas narcótico nas que quixemos vivir nunha idade de inocencia...Ese gas era velenoso.

Hai uns días preguntábanme pola miña historia política, lembrábanme que eu fora comunista. Fun, dixen. Hoxe non acredito na utopía dos soviets, simplemente porque non funcionou; tamén agora sabemos cousas que ignorabamos antes da China Popular, da Unión Soviética... Mais o programa do antifranquismo, o programa que defendía aquí o Consello de Forzas Políticas Galegas, o programa que defendía no estado a Plataforma Democrática... deféndoo hoxe completamente.

A ruptura democrática coa familia Franco, coas funcionarias da Xunta en Lugo, co Valle de los Caídos, coa Fundación Francisco Franco, cos seus banqueiros, cos seus xuíces e fiscais, coa súa policía política, cos seus directores de xornais, radios e televisións..., esa ruptura haina que defender hoxe. Aínda.