Leo un apuntamento que fixen o 18/10/2015: “Hai dous días abrín conta em Twitter, para pular pola candidatura”. A tal candidatura quería ser unha candidatura nacional unitaria cun programa social, etc, xa vostedes saben e tamén saben que non foi. Antes diso abrira unha páxina de Facebook, en fin..

 

O conto é que desde entón sigo co twitter xa máis ben polo motivo do que acontece en Catalunya e que no meu modo de ver acontécenos a [email protected] Ten utilidade algunha? Acho que si, que me permitiu trasvasar informacións e opinións do debate catalán a un público do estado español, incluido o público galego. Para que máis serve unha conta nunha “rede social”? Para máis cousas, de certo (a min váleme tamén para publicitar os meus productos, claro, se sei que vai saír un libro meu e que non vai ter atención nos medios a quen eu molesto, pois podo avisar a xente que segue a miña conta). Mais o principal é que podemos emitir información e opinión directamente sen que nos filtren os donos das empresas de comunicación.

 

Así a campaña na prensa local coruñesa, concretamente “La Voz”, alcanzou a unha parte do electorado do nacionalismo galego que se abstivo e así un escano que anteriormente correspondeu ao BNG pasou ao PP e por iso está hoxe aí Núñez Feijóo

 

E entendo que isto non é comprendido o bastante nos sectores da sociedade galega que desexan un cambio social e político. O goberno bipartito da Xunta, por máis que seguiu alimentando con diñeiro público as cabeceiras de prensa, foi desprestixiado e atacado por esa prensa que prefería que gobernase o PP, con quen tiña tratos máis estreitos. E así a campaña na prensa local coruñesa, concretamente “La Voz”, alcanzou a unha parte do electorado do nacionalismo galego que se abstivo e así un escano que anteriormente correspondeu ao BNG pasou ao PP e por iso está hoxe aí Núñez Feijóo. Unha presenza nas redes de informacións e opinións alternativas ás dos poderes de sempre cambiarían a cousa? Pode que si ou pode que non, agora que polo de agora son a única alternativa nas mans de cada un de nós e son un exercicio de implicación democrática, construir rede e tecer debate e opinión libre. E precísanse activistas na Rede que ordenen os feitos e transmitan información e opinión alternativa.

 

Naturalmente que o mundo non se cambia desde un sofá na casa, sabémolo, a vida é outra cousa e anda por fóra das pantallas, mais unha cousa axuda a outra. A Rede galega progresista está por facer, a debilidade do existente é un signo do espírito de rendición que afoga a tanta xente.

 



x