Brexit e Trump escandalizan  ao Establishment, a esa clase dirixente queé tantoda direita como da falsa esquerda. As elites non conciben como puideron xurdir eses dous fenómenos que rompen o consenso ¨civilizado¨a que se chegara. Cómo é posível, pensan e din, que, có ben que estaban as cousas, viñeran estes monstros a escacharralo todo?

 

Asusta comprobar até que ponto a esquerda da orden estabelecida, que espallou hipocrisía e censura en nome dopolíticamente correto, estaba repanchigada e satisfeita có ben que estaba o mundo, ese no que os ricos son cada vez mais ricos, os pobres cada vez mais pobres, os do medio case desapareceron e todo está en mans das elites e as mafias. A falsa esquerda política entrou no xogo para facilitalo: o que a direita non se atrevía a facer, fíxoo a esquerda apoiándose naprimacíaética que lle daba o título de esquerda e a suposición de que estaba cós oprimidos e non cós opresores. A falsa esquerda colaborou có sistema neoliberal de abuso e ditadura disimulada mais ainda que a direita, e fíxoo sen receo nengun. Escudada na ¨superioridade moral¨, deixouse levar pola afeizón ao luxo e a estar entre os poderosos. E agora non sabe o que facer diante da rebelión e o desafeto da xente corrente que votou o Brexit e elexiu ao Trump. Soña con que os do Brexit se arrepintan do desacato e con que a Trump non o volvan a votar, pero o Brexit vai suceder e pode que ao Trump o elixan outra vez.

 

Os ¨civilizados¨ non paran de apresentar o Brexit como un erro incomprensível cometido por ignorantes que non entenden a realidade. Tórceno todo para que unha decisión de independenza e de escapar da ditadura de Bruxelas pareza un acto de xenofobia e imperialismo, e falan como se o de non querer inmigrantes fose o que levou ao Brexit.Pero o que pasou foi que ao Establishment convíñalle a Unión Europeia, e a xente corrente non a quería. E iso é o que ás elites, en especial as de esquerda,non lles entra: que a xente se atrevera a querer a independenza e a non sentir admiración nengunha pola Unión Europeia.

 

A eleición do Trump respondeu ao mesmo aburrimento da xente cós políticos aproveitados e hipócritas, e o escándalo que suscita na esquerda benpensante é o mesmo que provoca o Brexit. Trump e Brexit pisan fora do rego marcado pola esquerda neoliberal, que non ten reparo en apresentar a Unión Europeia como se fose internacional, pacífica e xusta, cando é supranacional, apoiae provoca guerrasfora do seu territorio e está fortificada desde o principio contra os inmigrantes.

 

A xente vai seguir sen lles facer caso aos políticos paparrucheiros do xesto, o quedabén e a moda. O que quer é política, non politicalla, e que as elites e as mafias non podan apoiarse nos politiqueiros para seguir roubando e mandando no mundo.



x