O fundamental do Brexit é que os que votaron para sair da Unión Europea fixérono porque querían a independeza do país, liberarse do que vían como ditadura de Bruxelas. Iso suscitou unha reación violenta nas elites políticas, económicas, intelectuais e universitarias, que nunca pensaran que o ¨povo¨ non estaba contento có que elas fabricaran. Nesa reación, agresiva, malhumorada, despótica e desprezativa, vese con claridade o afeitas que están as elites a manexar o sistema democrático para o que lles convén. Nunca admitiron a idea de que ¨as masas¨ ou ¨o povo¨ podan acertar e non precisen ser guiados como cegos polos que teñen altura e categoría. Ás elites non lles entra na cabeza que nestes momentos as que non entenden nada son elas.

O voto polo Brexit pillou as elites por surpresa. Non estaban preparadas para semellante ousadía, e empezaron a facer propaganda en contra e a dicer que os votantes non se decataran ben do asunto e non sabían o que facían, que non entenderan, que foran os vellos, os ignorantes, os chovinistas, os imperialistas…Tudo iso dirixido polos burócratas da Unión Europea, peritos en cómo mudar os resultados de referendos; fixérano cos da Dinamarca, a Irlanda, a Franza, puxando para que se fixera outro referendo e oferendo máis cartos aos dirixentes para que amansasen a xente e non deixasen que pisase fora do rego.

O voto polo Brexit pillou as elites por surpresa. Non estaban preparadas para semellante ousadía

 

E a esquerda liberal e ¨progresista¨, que tanto axudou a que o pouco que se tiña avanzado en xustiza e benestar fora desmontado, é a que mais se escandaliza de que ¨o povo¨ non entenda e se atreva a non ser correcto e querer antigalladas como liberarse desa ¨unión de povos¨ tan bonita e santa que é a Unión Europea.  Esa esquerda beata de Bruxelas, en nome do internacionalismo, apoiou con fervor a supranacional, antidemocrática e centralizadora Unión Europea, na que os que mandan sen que ninguén os escollera cobran salarios desmedidos e pensións xigantescas co diñeiro dos contribuíntes, e exixen austeridade aos pobres e paciencia e resignación aos que non teñen traballo ou traballan en traballos ínfimos e sen futuro mentras eles outórganse a sí mesmos subidas imensas de salarios, como acaban de facer.

Os que non queren o Brexit apresentan un futuro de caos e catástrofe inevitável para o Reino Unido se marcha da Unión Europea, como se a Unión Europea fose a familia unida e maravillosa que vai seguir aí para sempre, cando todos os indicios apontan a que non vai tardar en desintegrarse.
Na Unión Europea non é posível a independenza de nengunha nazón. Poderá cada unha delas conservar polo de agora algunha autonomía en cuestións internas, pero no ámbito internacional hai moito tempo que deixaron de funcionar como nazóns. Os países que a integran renunciaron á soberanía e son provincias dun imperio. Os habitantes do Reino Unido decidiron, por maioría, que queren a soberanía do seu país e a independenza, aconteza o que acontecer, como cando unha persona prefire a independenza a estar amarrada. E iso é o que explica o Brexit.



x