As pesquisas de opinion non acertaron nas eleicions xerais do Reino Unido e non acertaron tampouco no referendo da Grécia.

As pesquisas de opinion non acertaron nas eleicions xerais do Reino Unido e non acertaron tampouco no referendo da Grécia. No Reino Unido a única que acertou, e con exactitude, foi a que se fixo a pé de urna. Esa foi a que usou a BBC para o seu programa de seguimento das eleicións, e aquela noite os comentaristas políticos da própria BBC e dos demais mídia non podian acreditar que fora sair o resultado que esa pesquisa anunciaba, que lles parecía impensável e que, porén, revelou un eleitorado intelixente e que non se deixou manexar. O mesmo sucedeu có referendo da Grécia: segundo as pesquisas de opinion, os do sim e os do non andaban empatados, mas non foi asim e o resultado deixou sobresaltados aos valentons da Unión Europeia que nunca pensaron que perderian a xogada.

"As pesquisas de opinion non acertaron nas eleicions xerais do Reino Unido e non acertaron tampouco no referendo da Grécia".

A razon de que as pesquisas non consigan acertar nestes últimos tempos é a grande mudanza que houbo na política. Os políticos e as elites até agora podían contar có apoio fiel dos devotos, mas estalles pasando o que lles pasou ás igrexas de todas relixions, que xa ninguen lles fai caso e ninguen cré no que din. Acabou a devoción ¨relixiosa¨ ás ideoloxias de calquer tipo, e iso é de seu unha revolucion que pode mudalo todo.

Até agora os votantes votaban ao partido que representaba as suas crencias mais fondas. Ese partido era a sua relixion e o votaban, ainda que non sempre lles agradase o que facia, porque tiñan fé nas ideias e crencias que representaba. Os partidos convencionais usaron esa fé para abusar, como fixeron as igrexas coas relixions. Os votantes agora xa non teñen esa fé cega e entenden o que sucede nos países e no mundo muito mellor que os políticos, que pensan que tudo segue como antes.  Aos políticos convencionais ninguen lles fai caso, como ninguen fai caso do que din as igrexas, e os políticos e as elites irán quedando cada vez mais sen saber como reacionar porque non entenderán nada e non poderán crer que xa non poden usar os catecismos ideolóxicos.

As pesquisas de opinión non acertan porque están pensadas para a política baseada en ideoloxias ¨relixiosas¨ que contaba con fieis devotos, e esa devocion, que as elites usaron para tapar a falta de democracia, terminou para sempre.