A pesar de ser o deporte rei o fútbol arrastra tras de si un halo negativo de deporte que desata as baixas paixóns, incita ao enfrontamento e xenera riquezas a unha serie de privilexiados.

Pero lonxe das pelexas entre pais ou siareiros nas gradas, insultos e agresións, existe un mundo onde moitísima xente en infinidade de clubes traballa desinteresadamente por e para os nenos e nenas que gustan de xogar ao fútbol, aportando un grao de area, as veces decisivo, no desenvolvimento integral da persoa.

Podo ser testemuña casi a diario do efecto terapéutico que a práctica deportiva e o fútbol en concreto exerce sobre nenos e nenas, nenos que o están pasando mal na escola, involuntarios protagonistas dun caso de bullyng, atopan apoio e recoñecimento por parte de compañeiros e monitores que facilitan que se rexenere a súa tan danada autoestima; minorías étnicas que a través do deporte síntense completamente integradas nun eido onde non existen nin razas nin sexos e si nenos e nenas que disfrutan do xogo e comparten experiencias de plenitude; nenos frustrados por non saber golpear axeitadamente un balón que son correxidos e reforzados polo seu monitor dun xeito individualizado, esforzándose por reparar a autoestima do neno ou nena antes que de potenciar a aprendizaxe técnica, pois antes está a persoa e despois o/a futbolista.

Podo ser testemuña casi a diario do efecto terapéutico que a práctica deportiva e o fútbol en concreto exerce sobre nenos e nenas

 

Casos como os de adolescentes a quenes se lles procura un obxectivo e unha ocupación incompatibles cun xeito de vida pouco saudable, logrando que non pase demasiado tempo na rúa co risco que iso pode conlevar.

Outros casos menos relevantes son o de suliñarlle a un rapaz ou rapaza a importancia de almorzar de xeito saudable antes de competir, os motinores e adestradores como figuras de referencia que somos nos campos de adestramento podemos e debemos transmitir información veraz para que neste contínuo proceso educativo os nenos e nenas adquiran hábitos de vida saudable, que agardemos sexan para toda a súa vida.

E así se van sucedendo pequenos e grandes dramas, algúns insignificantes (pero non para os/as protagonistas) ante os que o psicólogo/a deportivo debe de estar alerta para tocar a tecla precisa que poña en marcha os recursos humanos e materiais do clube onde se atope.

E así se van sucedendo pequenos e grandes dramas, algúns insignificantes (pero non para os/as protagonistas) ante os que o psicólogo/a deportivo debe de estar alerta para tocar a tecla precisa

 

Porque a infancia é o período crítico de adquisición dun estilo de vida activo que pode ou debería perdurar ao longo do ciclo vital, que lles vai dar máis calidade de vida a quenes practiquen ese estilo de vida, ademais de ser un eficaz profiláctico para combater o estrés, a fatiga e o agotamento psíquico... por iso o de menos é o deporte que practiquen os nosos fillos e fillas, e se o deporte escollido é o fútbol, pois desbotemos os prexuízos que se cernen sobre el e apoiémolos na súa actividade.



x