O novo voceiro do Partido Popular en Galiza, o parlamentario Miguel Ángel Tellado Filgueira, vén de se estrear na radio nacional das e dos galegos. Daba a súa primeira entrevista Tellado como portavoz da dereita (española) na Galiza, en substitución de Paula Prado, diante do que tocaba tratar diversas cuestións de actualidade.

O novo voceiro do Partido Popular en Galiza, o parlamentario Miguel Ángel Tellado Filgueira, vén de se estrear na radio nacional das e dos galegos. Daba a súa primeira entrevista Tellado como portavoz da dereita (española) na Galiza, en substitución de Paula Prado, diante do que tocaba tratar diversas cuestións de actualidade.

"O cambio de Prado por Tellado non semella vaia representar novidades de fondo, ao contrario, no que atinxe á liña a seguir por este partido político".

En síntese, se como de Il Gattopardo de Lampedusa se tratara, púidose verificar que na devandita formación política algo foi cambiado para que todo seguira igual. O cambio de Prado por Tellado –forzado pola imputación daquela ao abeiro da ‘Operación Pokemon’-, non semella vaia representar novidades de fondo, ao contrario, no que atinxe á liña a seguir por este partido político. Tampouco na súa posta en cena e a súa liña discursiva.

Destacaba, nesta orde de cousas, Miguel Tellado na Radio Galega (RG) que o PP na Galiza gozaba dunha moi “boa forma”, sendo o seu o partido que ‘representa os intereses da maioría social’ (confundindo obter o apoio dunha maioría social con defender os seus intereses…). Unha maioría social que relaciona(ba) este voceiro coa necesaria ‘construción de España’, arredor da que hai que sumar... 

"En todo este discurso, a Galiza en canto suxeito político (non digo, obviamente, en canto nación explicitada) nen apareceu nen se lle agardaba. Tampouco as mulleres e homes, mozas e mozos, golpeados por un salvaxe capitalismo en reaxuste"..

En todo este discurso, a Galiza en canto suxeito político (non digo, obviamente, en canto nación explicitada) nen apareceu nen se lle agardaba. Tampouco as mulleres e homes, mozas e mozos, golpeados por un salvaxe capitalismo en reaxuste...

A estas alturas do xogo, obviamente quen subscrebe non agardaba un cambio substancial na folla de rota do PP na Galiza, mais si no discurso mediático, aproveitando o cambio na portavocía. Un momento óptimo para tentar desvincularse (hipocritamente, claro) da corrupción á que se liga a membros destacados deste partido, así como dunhas políticas nefastas para esa maioría social que, segundo o voceiro de estrea, seguiría a apoiar ao partido gobernante a nivel español e galego. E claro, nun tempo no que vincularse ao goberno Rajoy é máis un lastre (quer pola esquerda, quer pola dereita e ultradereita –como se pode ver coa non nata ‘Lei Gallardón’-) que mérito a pór en valor, un pensaba que este voceiro -e os que lle escreben o guión- farían fincapé no goberno da Xunta de Galiza e o seu ariete, sr. Feijoó. 

Ora, isto non foi así, porque o PPdeG ten o seu epicentro en Génova 13, Madrid. O PPdeG é, naturalmente, español. Sóbralle ese ‘G’ que en chave sucursalista asumen os cadros que na Galiza operan ao servizo dos intereses da dereita española (desexando máis a vida madrileña que a galaica). Sería desexábel, especialmente no actual contexto unha dereita (nacional) galega -por moito que non fósemos coincidir con ela no seu programa social e económico, e non só...-, que ultrapasara a existencia daquela forza española de dereitas na nosa Terra, á que nada lle interesa o presente da Galiza e o futuro de soberanía por construír.



x