O PP está batendo todos os records na súa capacidade para transformar a desfeita real en prodixio virtual. Disque a economía está en franca recuperación; disque leva meses recuperándose. Iso si, é un concepto de recuperación algo singular porque a creación de emprego comezará en ... 2015.  Dentro de ano e medio/dous anos. Entretanto temos que agardar pacientemente e contentarnos con que non se destrúa emprego.

O PP está batendo todos os records na súa capacidade para transformar a desfeita real en prodixio virtual. Disque a economía está en franca recuperación; disque leva meses recuperándose. Iso si, é un concepto de recuperación algo singular porque a creación de emprego comezará en ... 2015.  Dentro de ano e medio/dous anos. Entretanto temos que agardar pacientemente e contentarnos con que non se destrúa emprego.  Coma se isto último fose certo! Este truculento discurso pretende despistarnos do feito real de que o emprego sigue caendo. As estatísticas de afiliados á Seguridade Social son teimudas: Galiza perdeu 4.424 empregos no mes de outubro (unha queda do -0,49%) e no último ano perdeu nin máis nin menos que 23.741 afiliados (-1,56%).  En coherencia con iso o paro rexistrado aumenta en Galiza en 7.492 persoas (+2,87%) no mesmo mes de outubro.

Por desgraza, os dados non deixan lugar a dúbidas. Continúa a sangría do emprego a un ritmo vertixinoso. 

O máis dramático dentro da gravidade xeral é que Galiza é a que ten un peor comportamento do emprego en outubro, despois de Baleares e Cantabria. Nas demais CCAA o emprego aumentou, salvo as tres citadas, Aragón e Cataluña. No conxunto do ano (outubro-outubro) todas perderon emprego pero Galiza está entre as máis castigadas: é a sétima con maior ritmo de caída.

As cifras do paro do mes de outubro acadan o record histórico de 268.225 persoas e tamén sitúan a Galiza nun dos peores comportamentos do Estado, onde en conxunto o paro tamén aumenta neste mes en  87.028 persoas. Na variación interanual o paro en Galiza tamén aumentou (no conxunto do estado diminiu lixeiramente). 

O feito de que a caída do emprego en 23.741 no último ano sexa de maior contía que o aumento do paro revelan a existencia dun forte proceso de abandono do mercado de traballo por parte de moitas persoas desanimadas ante a imposibilidade de atopar traballo e tamén dun intenso proceso migratorio cara outros países.

A caída do emprego prodúcese en todos os sectores: na agricultura, na industria, na construción, no comercio e nos servizos en xeral pero, en particular, nos servizos públicos.

"Os datos demostran o fracaso das políticas de Feijóo e desmontan todo o seu discurso propagandístico. Desde logo, con estes datos a solvencia de Galiza en termos de emprego está en franca bancarrota".

Os datos demostran o fracaso das políticas de Feijóo e desmontan todo o seu discurso propagandístico. Os seus alardes de solvencia e o seu mantra da recuperación en cernes acaban resultando un auténtico desprezo á intelixencia dos galegos. Desde logo, con estes datos a solvencia de Galiza en termos de emprego está en franca bancarrota.

O peor de todo é que esa propaganda o que nos anuncia ou nos ameaza é que sexan cais sexan as consecuencias para economía real e o emprego, o sr Feijóo e o PP van seguir teimando nas mesmas receitas dos recortes e as políticas de recortes de dereitos de todo tipo, que efemisticamente persisten en chamar “plan de reformas”. Hai que dicir e recoñecer que non é un desvarío suicida exclusivo do PP galaico, pola contra, é a aplicación do vademecum das finanzas e da dereita en toda Europa e no resto do mundo.

É a estratexia do G-20, centrada en salvar as finanzas e a globalización neoliberal sigue marcando a axenda, executada con implacábel precisión pola FED, Washington, FMI, BCE e Comisión Europea. As políticas de austeridade coas que se vai endosando a burbulla da débeda financeira ao lombo [email protected] contribuintes, @s [email protected] [email protected] e pú[email protected] e @s [email protected] dos servizos públicos van mostrando a cada paso consecuencias máis antisociais e inhumanas. En particular, no noso país son cada vez máis amplas as capas da poboación que sofren non só perda de poder adquisitivo e calidade de vida senón exclusión laboral, exclusión social e auténtica privación.

"No noso país son cada vez máis amplas as capas da poboación que sofren non só perda de poder adquisitivo e calidade de vida senón exclusión laboral, exclusión social e auténtica privación".

No estado español, os datos dos últimos meses evidencian con máis clareza as consecuencias devastadoras para as clases populares das medidas que ven adoptando o PP no marco do chamado Programa de Reformas auspiciado pola troika. A teimosía en manter o mesmo rumbo nas políticas económicas fracasadas demostra que as políticas de “austeridade” do PP non están destinadas a saír da crise senón a mudar, radicalizándoo, o modelo socioeconómico neoliberal: desregulando, aumentando a presión fiscal sobre as rendas modestas e baixas, reducindo salarios e ingresos das familias, privatizando servizos básicos (sanidade privada, pensións privadas, etc). 

En definitiva, o peor comportamento do emprego en Galiza evidencia as nefastas consecuencias desa orientación das políticas da Xunta do PP, ás que se lle suma o seu desleixo e submisión irresponsábel a todas as directrices do Goberno central.

"Apenas demandamos un cambio de políticas para conter a hemorraxia, frear os recortes no sector público para non contribuír ao paro e a empeorar a calidade dos servizos públicos básicos (educación, sanidade, servizos sosciais...)".

Non podemos seguir aguantando tanto éxito como nos dispensa o PP porque pode matarnos a euforia.

O galegos preferimos a discreción. Apenas demandamos un cambio de políticas para conter a hemorraxia, frear os recortes no sector público para non contribuír ao paro e a empeorar a calidade dos servizos públicos básicos (educación, sanidade, servizos sosciais...). Demandamos políticas insubmisas á Madrid e á troika que prioricen a dinamización da actividade agraria e aproveitamentos dos montes; licencias para as pescas; parar a deslocalización industrial; dinamizar o comercio, empezando polo de proximidade; preservar o sistema financeiro propio para poder financiar a economía produtiva, etc. 
Precisamos decisión e poder de decisión porque non podemos resignarnos a ser testemuñas cínicas do noso propio devalo. Precisamos apenas dignidade e un goberno que pense en Galiza e no futuro dos seus habitantes.