As eleccións británicas do xoves salientan tanto pola non agardada maioría absoluta dos tories de Cameron no conxunto do Reino Unido (331 s/650 escanos con só un 36.9% dos votos ) como polo esmagante trunfo do Partido Nscional escocés (SNP) na Escocia, onde gañou 56 dos 59 escanos.

As eleccións británicas do xoves salientan tanto pola non agardada maioría absoluta dos tories de Cameron no conxunto do Reino Unido (331 s/650 escanos con só un 36.9% dos votos ) como polo esmagante trunfo do Partido Nacional escocés (SNP) na Escocia, onde gañou 56 dos 59 escanos.

O SNP fundouse no 1934, acadando moi baixos resultados ate que no 1974 definiu unha estratexia nidiamente socialdemócrata que lle deu un terzo dos votos e 11 escanos, a mellor votación para Londres que obtivo até este día. Conservadores e laboristas fixeron o imposíbel para desprestixiar as propostas do SNP e mesmo chegaron agachar a riqueza que o petróleo escocés lle xeraba ao reino Unido. No 1978 o referéndum para a autonomía escocesa fracasou ao non acadar o “yes” o 40% do censo, malia gañar en votos e o SNP esmoreceu, mentres os gobernos de Mrs Thatcher mallaban  na estrutura social e industrial escocesa.

"No 2017, o SNP podería pedir un novo referéndum se Cameron insiste no que quere convocar para sair da UE". 

Blair obtivo unha grande vitoria no 1997, nomeadamente polo voto escocés. Votouse outravolta a “devolution” e gañou o "yes” de xeito hexemónico. Mais o SNP, xa dirixido por Alex Salmond, desenvolveu unha politica socialdemócrata e de proximidade, que priorizaba a defensa da sanidade pública e dos servizos sociais e que afondaba nas propostas ecoloxistas e feministas do partido. Ao tempo, a defensa do emprendemento empresarial convertíase en parte inseparábel da súa proposta. . No 2006 o SNP gañou con maioría relativa as eleccións ao Parlamento autónomo e puido desenvolver- á fin e con grande éxito- o seu programa, coa axuda do Partido verde. Velaí o grande trunfo das eleccións autonómicas do 2011, onde acadou 69 dos 129 escanos do Parlamento de Holyrood, malia prometer un referéndum pola independencia.

Salmond pagou coa súa demisión a  derrota dese referéndum (55% do non fronte ao 45% do si), mais a cidadanía escocesa comprobou axiña que os partidos estatais non estaban dispostos a outorgar o incremento substancial  do autogoberno que prometeran. A nova first minister Nicola Stugeon foi unha boa remuda e acadou este éxito electoral, que converte o SNP no partido hexemónico da Escocia. No 2017, o SNP podería pedir un novo referéndum se Cameron insiste no que quere convocar para sair da UE.