O 55% dos escoceses votaron NO á independencia e o 45% a prol dela. A participación foi dun 84,5% sobre os electores rexistrados. Os números son nidios abondo para concluir que Escocia quere seguer a partillar o Reino Unido moitos anos. Mais…

O 55% dos escoceses votaron NO á independencia e o 45% a prol dela. A participación foi dun 84,5% sobre os electores rexistrados. Os números son nidios abondo para concluir que Escocia quere seguer a partillar o Reino Unido moitos anos. Mais…

"Votaron YES a un 71% da xente nova, mentres rexeitaban a independencia o 73% dos maiores de 65 anos"

Mais o first minister demisionario Alec Salmond e a campaña pro independencia fixeron medrar o número dos seus partidarios dun 30 a un 45% e votar YES a un 71% da xente nova, mentres rexeitaban a independencia o 73% dos maiores de 65 anos. Os sectores máis populares apostaron tamén pola independencia (velaí Glasgow, cun 54% a prol ), xunto cos verdes, o mundo das organizacións solidarias e os empresarios máis dinámicos e innovadores. 

E dirán vostedes, “home, deixe estar, o tema estalle xa ben pechado”. Hoxe doulles a razón. Pero resulta que os tres partidos británicos maioritarios, para evitar que o voto afirmativo gañase, prometeron unha mellora substancial dos poderes fiscais, orzamentarios e de protección social do Goberno escocés. E agora o líder laborista, Ed Miliband, por razóns de curto interese partidista (a correlativa redución do dereito dos deputados escoceses en Westminster a votar asuntos ingleses-a chamada west lothian question- o que reduciría as posibilidades de acción dos laboristas) dí que non é o tempo axeitado, mentres varios deputados conservadores rexeitan esta proposta de ampliación competencial, disque “fartos de que 5 millóns de escoceses determinen o futuro de 52 millóns de ingleses”.

"A posíbel convocatoria no 2016 dun referéndum para a saída do Reino Unido da Unión Europea sería outra ocasión para pór de manifesto un proxecto político distinto para Escocia", 

Si esta ampliación do autogoberno escocés non se aproba no que fica da lexislatura do Parlamento de Westminster (até o vindeiro maio) as bases do SNP, o partido nacional escocés e dos seus aliados da campaña YES SCOTLAND denunciarán  que os unionistas gañaron con amaños e mentiras o referéndum. Por outra banda, a posíbel convocatoria no 2016 dun referéndum para a saída do Reino Unido da Unión Europea sería outra ocasión para pór de manifesto un proxecto político distinto para Escocia, reivindicando a súa permanencia na UE e, xa que logo, cuestionando a  súa adhesión ao Reino Unido. 

Semella que esta acción futura vaina liderar dende novembro unha nova primeira ministra escocesa e líder do SNP, Nicola Stugeon. Porque seica moi pouca xente  no seu partido, que obtivo maioría absoluta no Parlamento escocés no 2011, cuestiona o proxecto de Salmond de facer transversal o proxecto do YES SCOTLANDi, que mesmo foi adherido pola maioría dos residentes nados fóra do Reino Unido.