Vivirmos nun réxime de liberdade esixe da plenitude dun dereito de defensa con todas as garantías. Ningúen é culpábel no eido xurídico-penal até que non é condenado de xeito definitivo, sen posibilidade de recurso, polo Tribunal independente predeterminado pola Lei. 

Vivirmos nun réxime de liberdade esixe da plenitude dun dereito de defensa con todas as garantías. Ningúen é culpábel no eido xurídico-penal até que non é condenado de xeito definitivo, sen posibilidade de recurso, polo Tribunal independente predeterminado pola Lei. As instrucións delongadas ou excesivamente xerais, as imputacións serodias ou o abuso do segredo de sumario poden ser incompatíbeis co dereito de defensa. As gravacións só poden ser acordadas polo Xulgado  de Instrución, han ser proporcionais e dirixidas só á pescuda para  a que se acorden. As partes das gravacións irrelevantes para a pescuda penal haberían ser borradas, para impedir que os imputados sofran consecuencias profesionais, laborais ou familiares que non teñen porqué aturar.

 "No ámbito das responsabilidades políticas compre non sò esixirlles aos partidos  tolerancia cero, senòn promulgar normativas que garantan unha total transparencia"

Fica, pois, moito que facer por construirmos un sistema procesual penal acorde co dereito de defensa. E compre reformar a lei procesual penal para distinguirmos entre as funcións públicas de dirixir a investigación (que en case todos os sistemas europeos pertence aos fiscais) e as de garantir os dereitos dos investigados, acordando sobre medidas cautelares restritivas da liberdade (fianzas, prisión provisional, embargos preventivos…). Non se pode estar na misa e, ao tempo, pretender repenicar as campás.

Mais as responsabilidades políticas pertencen a outro ámbito vital, no que non rexe o principio  de defensa, senón os de responsabilidade e exemplaridade. Habemos respostar non só polo que facemos, senón polo que fan aqueles servidores públicos que nomeamos e dependen nosa, o que os romanos chamaron “culpa in eligendo, culpa in vigilando”. Velaì que a pasividade das cùpulas dos partidos do bipartidismo dinástico constitùa un recoñecemento implícito de tolerancia coa corrupción xeralizada. 

E, en último de contas,  no ámbito das responsabilidades políticas compre non sò esixirlles aos partidos  tolerancia cero, senòn promulgar normativas que garantan unha total transparencia na relación entre Poderes Pùblicos e contratas e concesiòns, na liña das propostas de prevención da corrupción que ven de facer o Fiscal Superior de Galicia.