No aniversario da catástrofe de Angrois o primeiro que compre é respecto e memoria. Respecto polas vítimas e memoria do civismo humanitario dos veciños de Angrois e dos outros voluntarios e da  competencia, profesionalidade e entrega dos empregados públicos (policías, bombeiros, médicos e sanitarios, persoal da CRTVG).

No aniversario da catástrofe de Angrois o primeiro que compre é respecto e memoria. Respecto polas vítimas e memoria do civismo humanitario dos veciños de Angrois e dos outros voluntarios e da  competencia, profesionalidade e entrega dos empregados públicos (policías, bombeiros, médicos e sanitarios, persoal da CRTVG).

"No proxecto orixinal suprimíase a curva d’A Grandeira, mantida en último de contas, malia a súa perigosidade, pola obsesión de Blanco por inagurar o treito ferroviario Ourense- Santiago de Compostela antes do seu cesamento".

Dito isto, compre tamén botarlle unha ollada á marcha das pescudas. O xuiz Aláez xa non está á fronte da instruciòn xudicial, mais fixo até de agora un bó traballo, moito máis en comparanza coa parcial e amañada investigación do Ministerio de Fomento, só orientada para salvar as responsabilidades dos Ministros José Blanco e Ana Pastor e para facer do maquinista Garzón o inimigo público. Mais a instrución xudicial xa nos deprendeu que o sistema de seguranza ERTMS non estaba instalado por unha decisión expresa de ADIF no verán do 2010, cando está instalado en todos os treitos do AVE e nalgúns convencionais de velocidade media-alta. E que este sistema tería evitado, si ou si, o accidente ao reaccionar automaticamente contra do exceso de velocidade que detectaría no comboio ao chegar á fatídica curva.

"Haberá máis responsábeis penais canda o maquinista Garzón e, de certo, gravísimas responsabilidades polìticas que apuntan aos ministros José Blanco e Ana Pastor e aos partidos PP e PSOE"

Sabemos máis. No proxecto orixinal suprimíase a curva d’A Grandeira, mantida en último de contas, malia a súa perigosidade, pola obsesión de Blanco por inagurar o treito ferroviario Ourense- Santiago de Compostela antes do seu cesamento. E, de feito, inagurouse o 10 de decembro do 2011, cando só lle quedaban a Blanco cinco días no Ministerio. E xa neses días eleváronse as primeiras queixas e denuncias do persoal de RENFE polo desaquelado da seguranza nese último treito e, nomeadamente, nesa curva. Sen resposta de ADIF. 

O que anuncia, con alta probabilidade, que haberá máis responsábeis penais canda o maquinista Garzón e, de certo, gravísimas responsabilidades polìticas que apuntan, quer por acción, quer por omisión, aos ministros José Blanco e Ana Pastor e aos partidos PP e PSOE coincidentes en lle botar terra ao asunto e termar en dicir, urbi et orbe, que esta terríbel desgraza foi causada por un só home.