Letras que enmarcan caligrafía propia

Onde hai miseria nunca houbo escola

Imaxina a terra que soñamos dando de comer

Sementeira de porvir a mocidade que vive nela

A nosa voz é fonte limpa de pobo

Nomeamos a pedra en sopros de ar

Terra é verba e verbo que se conxugan na acción

Os ósos no camiño afirman os nosos pasos

Non esquece quen ten memoria.

Este acróstico recitouse no local social de Escudeiros (Ramirás), o 27 de xullo de 2019, co gallo da conmemoración do primeiro cabodano do pasamento do Lois Antón. O acto estivo organizado pola Asociación Cultural Follas Vivas Lois Antón de Casardeita (Ramirás).