No Ministerio Español de Agricultura ,Pesca ,Alimentación e Medio Ambiente ,hai un proxecto intitulado “Rexistro da pegada de carbono,compensación e proxectos de absorción do dioxido de carbono” .Mediante este proxecto,crease un mercado voluntario para que as empresas que contaminan ,poidan seguilo facendo ,sempre e cando merquen oxiseno xerado das masas boscosas .

Deixando para outra ocasión se esta política de “podes contaminar ,se pagas “, e acaida ,este proxecto do goberno español ,non aposta por masas boscosas consolidadas e multifuncionais .De feito ,estas masas quedan fora de ese merado creado .Como tamen queda fora de este mercado toda a captura do CO2 que leva adiante a biodiversidade do chán .A captura do C02 deste mercado ,remata no momento no que se tala o arbol .Da igual que o seu destino sexa a xeración de pasta de celulosa ,para queimar ou que este arbol cortado se transforme en mobles (que ainda que en menor cantidade sigue capturando CO2).Ao ser talado ,desaparece a captura de CO2 ,para este proxecto.

Este mercado de captura de C02 ,está feito para potenciar o monocultivo forestal con especies de crecimento rápido .En Galiza ,falar de estas especies e falar do eucaliptus .De feito , e ainda que en liñas xerais este proxecto define que para entrar neste mercado de captura de CO2 as masas boscosas teñen que ter unha continuidade de 30 anos ,permiten que ,sen sair do mercado ,a arborada se poidan cortar antes ,sempre e cando a especie a plantar sexa a mesma ,polo tempo de 30 anos .Vamos , que os ideólogos de este proxecto ,en vez de falar de especies de crecimento rápido ,deberian falar de eucaliptus .

Por esta mesma regla de trés ,tamen poderán entrar neste mercado de captura de CO2 ,os cultivos enerxéticos .Os seus promotores somentes teñen que ,en vez de cortalos en quendas de 6/8 anos ,os corten en quendas de 10 anos .De este xeito ,poderan cobrar a captura de C02 durante 30 anos .Unha proba mais de que este proxecto do goberno español e potenciar o cultivo do eucaliptus e o feito de que neste mercado de captura de CO2 , non entran as plantacions feitas en terreos de monte .Entrán as plantacions das forestacions das terras agrarias .E en Galiza todos e todas sabemos que as forestacions de terras agrarias son plantacions de eucaliptus .

Este mercado de captura do C02 ten mais cuestions perversas .Fomentan o negocio da continuidade dos lumes forestais .Ademais das forestacions das terras agrarias ,as outras superficies que poden entrar neste mercado,son aqueles montes que dende o ano 2013 ,padeceron un lume forestal Aqueles montes ben xestionados e que non tiveron a desgraza de padecer un lume ,quedan fora do mercado .E por riba ,os montes queimados ainda teñen unha prima .Poden cobrar no primeiro ano da plantación o 18% do valor da captura do C02 total da superficie .Vamos ,que co mercado de captura do C02 ,estase xerando un ciclo perverso que perpetuará os lumes no noso territorio .Se arde un monte ,ainda que con menos valor ,a madeira podese vender .Se logo se leva adiante unha plantación ,podese cobrar case inmediatamente unha porcentaxe da captura do C02 .E logo os gobernos queixanse dos lumes e pretenden demostrarnos que non e un problema de políticas de monte ,que son un problema de actividade incendiaria individual .

E acaido que os titulares dos montes reciban ingreso pola captura de C02 que levan adiante as masas boscosas .Mais estes ingresos non poden beneficiar as empresas madeireiras e forestais .Teñen que beneficiar o titulares dos montes e as maiorias sociais da nosa nación .E preciso modificar os principios do proxecto do goberno español de rexistro da pegada de carbono ,compensación e proxectos da absorción de dioxido de carbono .E seguramente haberá que facelo nas Cortes Xerais do Estado .

E preciso ,xa que logo , que os intereses de Galiza e das maiorias sociais do pobo galego volvan a ter voz nas Cortes Xerais do Estado ,xa que estan ausentes dende que o BNG non acadara representación .E certo que nas Cortes Xerais do Estado houbo deputados e deputadas galegos/as de varios partidos ;mais tamén e certo que estiveron calados ou mesmo nalgunhas das cuestions ,mellor que estiveran calados/as .Estamos en visperas de unhas eleccions para escoller os nosos/as representantes no Congreso dos Deputados/as .Se cadra ,ven a xeito ,un lema de unha campaña pasada .Aquel que decia “Onde está o BNG esta Galiza “.