Esta semana, no tertulia da Radio Galega chamada o "Faladoiro" ,trataron o tema dos lumes forestais.

Esta semana, no tertulia da Radio Galega chamada o "Faladoiro" ,trataron o tema dos lumes forestais .O tema foi traido o debate debido os lumes que dias atrás ,padeceran os territorios de Navia de Suarna e Folgoso do Caurel (moito dese  territorio en Rede Natura) .Coma sempre, só se fala dos montes , nos medios de comunicación social , cando hai morbo, conflictos ou catástrofes .Non se fala, por exemplo , de que nestes momentos, a Consellaria do Medio Rural e do Mar,está a preparar un Decreto polo que se vai a regular o reinvestimento obrigado ,nos montes veciñais en mán común ,do 40% de todos os seus ingresos en  actuacions no monte .Co cal a groso modo ,vai somentes a favorecer as empresas forestais privadas e podese entrar nunha espiral diabólica :lume-plantación ,lume-plantación .Como  tampouco se fala , de que nestes momentos , a Consellaria do Medio Rural e do Mar , está a revisar o Plano Forestal de Galiza .Este documento, ven sendo algo así como unha percha onde se colgan as directrizes da futura política de montes .Estamos , xa que logo , ante un documento estratéxico para o nosa nación. Mais, estas cuestions , pasan desapercibidas .Se cadra porque e do que se trata.

Os catro tertulianos/as que conformaban o "faladoiro" ,p¡ódese dicer ,que representaban case todo a ameto político de Galiza (do nacionalismo tamén) .Mais, a pesar de esta diversidade ideolóxica ,somentes se falou de tópicos referente os lumes forestais. Que os montes arden porque hai pirómanos .Que os montes non están limpos .Que habia que meter mais multas e castigos .Que non habia política de prevención ,sen explicar o que é a prevención dos lumes forestais.

".Entendo perfectamente que algúns sectores da sociedade galega estén empeñados en borrar todas as pegadas do paso do BNG polo goberno da Xunta de Galiza. Mais, non podo enterder este silencio absoluto .Perder a memoria e malo , pero perdela os que non temos/teñen que perdela é pior" .

Nesta nebulosa de tópicos , algún tertuliano amosou a patiña (mellor haberia que decir a pezuña) .Así ,afirmou que os montes non arderian se estivesen industrializados ,por mans das empresas forestais privadas .E, nun exercicio circense, explicou poque non arderian .Non arderian porque os montes , ao igual que os polígonos industriais, estarian vixiados por guardas de seguridade ,as vintecatro horas do dia-

Vamos , que o problema dos lumes forestais reducese a un problema de delincuencia .

Entre tanto tópico ,os tertulianos/as do "faladoiro",si que falaron algo de cuestións fundamentais e mesmo de causas estruturais dos lumes forestais .Mais ocultaron que esas medidas xa se puxeron en practica e ocultaron tamén quen as puxo en practica .Asi falaron de que,na faceta de exintición dos lumes forestais ,ten que haber un mando único .Mais ocultaron que esto xa foi posto en practica pola Consellaria do Medio Rural do goberno bipartito dirixida politícamente polo BNG ; e que foi eliminada no primer minuto do retornar o poder o PP. Falaron tamén de que había que proceder a concentrar os montes de particulares, para unha mellor xestión .Mais ocultaron que esta medida xa foi posta en practiva pola Consellaria do Medio Rural ,do goberno bipartito ,dirixida politícamente polo BNG, mediante a creación das Unidades de Xestión Forestal(Uxfor) , e que foron derogadas no segundo minuto de retornar o poder o PP.

Non podo entender esta ocultación , esta falla de memoria .Entendo perfectamente que algúns sectores da sociedade galega estén empeñados en borrar todas as pegadas do paso do BNG polo goberno da Xunta de Galiza (nelo vaille o negocio) .Mais, non podo enterder este silencio absoluto .Perder a memoria e malo , pero perdela os que non temos/teñen que perdela é pior .

P D

Ben sei que  moitos/as estàn coa machada levantada para lanzarme aquilo de que "co BNG no goberno os montes tamen ardian" .Certo .Mais eu o único que afirmo e que co BNG no goberno , puxeronse as bases para que no medio e no longo plazo poiderase vencer os lumes forestais.Bases ,que resumidas eran .camiñar hacia un monte multifuncional e sustentabel e implicacion dos titulares dos  montes na sua posta en valor .Bases que foron derrumbadas polo PP ,no mesmo momento de retornar o poder .