Atopase nestes dias , en periodo de exposición pública , o Borrador do Decreto ,polo que se vai a desenvolver a obriga de reinvestimento  dos ingresos obtidos polos montes veciñais (só polos montes veciñais ) , en actuacions de posta en valor e multifuncionalidade

Atopase nestes dias , en periodo de exposición pública , o Borrador do Decreto ,polo que se vai a desenvolver a obriga de reinvestimento  dos ingresos obtidos polos montes veciñais (só polos montes veciñais ) , en actuacions de posta en valor e multifuncionalidade .Mediante o tal Decreto ,será obriga da veciñanza comuneira ,investir o 40% de todos os ingresos obtidos polo monte veciñal ,na posta en valor e na multifuncionalidade .E se hai algunha comunidade de montes rebelde , será castigada sen ser beneficiaria de nengún tipo de axuda, nen pública, nen privada .

Chama a atención,por parte da Consellaria do Medio Rural e do Mar,do Partido Popular, o uso da palabra multifuncionalidade. Palabra maldita ,non fai moito tempo , mais na actualidade , palabara máxica para esta Consellaria .E decir , de esas palabras que non dicen o que realmente queren decir ; que dicen o que un quera que digan .De feito , a multifuncionalidade do que fala este Decreto , e somentes a forestal .Quedan fora de esta multifuncionalidade a posta en valor dos montes dende o punto de vista social, cultural , patrimonial e medioambiental .Xa que logo , é multifuncionalidade ,daquela maneira .

"Mediante o tal Decreto ,será obriga da veciñanza comuneira ,investir o 40% de todos os ingresos obtidos polo monte veciñal ,na posta en valor e na multifuncionalidade"

En termos xerais e dende unha analise superficial , calqueira pode decir que  a obriga de investir o 40% de todos os ingresos do monte na sua posta en valor e na sua multifuncionalidade, non é mala (de feito , moitas comunidades de montes invisten mais do 40%) .Mais .debrullemos a cuestión .

Cal é a razón fundamental de este Decreto , ideado pola Consellaria do Medio Rural e do Mar do Partido Popular ? .E para beneficio da veciñanza comuneira, única e lexítima titular de estas terras. Ou e para negocio das empresas forestais privadas ? .

Analisando con detemento o Decreto , fica claro que a razón fundamental do mesmo e asegurarlles as empresas forestais privadas o negocio , ou como se di agora , un nicho de traballo . Nun momento na que as axudas públicas para o monte veciñal ,van desaparecendo .Nun momento no que a obra pública no medio rural ,vai a menos , a Consellaria do Medio Rural e do Mar ,do Partido Popular , cede a presión das empresas forestais privadas e entregarlle , en bandexa da plata , o monte veciñal (unha titularidade que non é sua) ,as empresas forestais privadas para que manteñan os seus beneficios .E logo o Partido Popular vende a burra de que non é intervencionista .

Se a razón fundamental do Decreto , fose para millorar o monte veciñal e para beneficio da veciñanza comuneira ,a Consellaria do Medio Rural e do Mar , do Partido Popular , non deixaria fora de esta obriga ,a aqueles montes veciñais que ,mediante os mal chamados contratos de xestión ,serán xestionados por empresas forestais privadas .Porque os deixa fora se son tan montes veciñais como os outros ? .Precisamente deixaos fora porque serán negocio para as empesas forestais privadas e porque a sua posta en valor , somentes será forestal .Non hai pontada sen fio .

"O caso de que un monte padeza un lume forestal , o investimento obrigado ,non será do 40% , senon que será do 100%.Esto é unha filosofia perigosa e de fomento do negocio".

Se o Decreto non fora para beneficio das empresas forestais privadas , a Consellaria do Medio Rural e do Mar , aceptaria a achega da Organización Galega de montes veciñais en mán común (Orgaccmm) ,que di que o investimlento obrigado na posta en valor do monte e na sua multifuncionalidade ,será aquel que veña  marcado no plano de ordenación do monte e nos acordos asemblearios da veciñanza comuneira .Téñase en conta que os planos de ordenación dos montes ,son documentos tecnicos baseados na sustentabilidade do monte  e ademais aprobados polos titulares das terras .Como tamén aceptaria outra achega da mesma organización que di que nos montes veciñais de zonas deprimidas ou con pouca populación , o porcentaxe da obriga deberia reducirse substancialmente .Nestas zonas , os ingresos do monte veciñal ,deben xerar rendas para os seus titulares co fin de evitar a despoboación do medio rural .Nun medio rural vivo ,os montes arden menos .

O Decreto  polo que vai a desenvolver a obriga de reinvestimento dos ingresos obtidos polos montes veciñais  en actuacions de posta en valor e na multifuncionalidade ,tamen dicta que ,no caso de que un monte padeza un lume forestal , o investimento obrigado ,non será do 40% , senon que será do 100%.Esto é unha filosofia perigosa e de fomento do negocio.

Perigosa para o territorio e as populacions que van ter lumes cíclicos. Fomento de negocio para as empresas forestais privadas que tamén terán seguridade de traballo ciclico .Quen nos ia a decir que o lume seria un elemento de sustentabilidade cíclica .

O Decreto de reinvestimento obrigado dos ingresos do monte e bo para a veciñanza comuneira ou para as empresas forestais privadas? A resposta e doada de contestar .

P.D:

O monte veciñal e a sua posta en valor .A veciñanza comuneira e os seus intereses , deberian ter oco nos discursos do vindeiro dia da Patria Galega.