Isto foi o que me dixo un compañeiro e amigo cando se enterou do acordo que adoptou o Consello Nacional do BNG e que terá que ratificar a militancia en asembleas comarcais. Era de agardar a incomprensión dalgúns e o ataque desmedido doutros, mais o principal é si a decisión é coherente cos intereses e ideoloxía do Bloque Nacionalista Galego. Toca de novo un traballo argumentación ante o que queira escoitar e teña capacidade de análise propia.

Isto foi o que me dixo un compañeiro e amigo cando se enterou do acordo que adoptou o Consello Nacional do BNG e que terá que ratificar a militancia en asembleas comarcais. Era de agardar a incomprensión dalgúns e o ataque desmedido doutros, mais o principal é si a decisión é coherente cos intereses e ideoloxía do Bloque Nacionalista Galego. Toca de novo un traballo argumentación ante o que queira escoitar e teña capacidade de análise propia.

"A sociedade esixe unha evolución da práctica política, que aposte pola defensa dos principios democráticos, combinando a democracia directa, participativa e representativa". 

Si practicásemos a política de baixa intensidade fuxiríamos do “que dirán”, do descrédito permanente que a prensa escrava practica con EH-Bildu e que impide que teñamos a información suficiente como para chegar á verdade e poder emitir xuizos de valor non condicionados. Mais non deberíamos esixir a unha formación política que practicase esa clase de política, deberíamos esixirlles coherencia, valentía e sinceridade.

A sociedade esixe unha evolución da práctica política, que aposte pola defensa dos principios democráticos, combinando a democracia directa, participativa e representativa. Desexa unha educación sólida e integral, unha sociedade de home e mulleres libres e iguais en obrigas, dereitos e oportunidades. Esixen un reparto da riqueza como camiño á xustiza social, que se garantan os dereitos sociais como a saúde, a educación, política de igualdade , rentas minimas e relacións laborais xustas e equilibradas. E poderíamos seguir enumerando os principios que relata EH-Bildu na súa proposta socieconómica sin mencionar que parte dun documento seu, deixando ao descuberto os prexuizos que existen entorno a esta coalición electoral. Nin o activista máis concienciado do 15M podería deixar de subscribir todos e cada un destes puntos como seus. Logo, ú-lo problema con EH-Bildu?

A caverna xa comezou a sacar a artillería, empregando a coletilla da violencia que existiu e que todas e cada unha das organizacións que conforman EH-Bildu condenaron e condenan. Chega iso cando foi o que sempre se demandou da esquerda abertzale? Por suposto que non. Téntase desacreditar á organización que deu un paso á fronte cara as vías democráticas pola falta de disolución e entrega das armas (deben ter inventario os que a piden) de ETA, que debe existir e canto antes mellor. Non hai tanto que a comunidade internacional adorou e presentou os seus respetos ante Nelson Mandela tras a súa morte. Un modelo a seguir, decían. Que lonxe quedan aqueles anos en que estaba na listaxe de terroristas das principais axencias gubernamentais, verdade? Porqué a hipocresía é tan fácilmente detectable e tan pouco reprochada?

"Desde hai tempo o BNG vén retomando o camiño da coherencia, que nunca debeu abandonar cando buscou antinaturais atallos na estandarización e na socialdemocracia."

Xa que logo, nun escenario de coalición electoral imprescindible para que Galiza teña voz en Bruxelas, e non me veñan co conto de que outros galegos e galegas estarán alí representándoa porque quixera ser educado e non rirme na súa cara, o Bloque Nacionalista Galego debe practicar a coherencia e adoptar acordos coas formacións políticas que lle sexan homónimas. O aliado natural en Euskal Herria sempre debeu ser Eusko Alkartasuna, e non entrarei en acordos electorais que tanta quebra interna produxo no pasado porque precisamente no pasado quedan. Desde hai tempo o BNG vén retomando o camiño da coherencia, que nunca debeu abandonar cando buscou antinaturais atallos na estandarización e na socialdemocracia. É por isto que non debemos acompañar a unha ERC que pretende beber das fontes que está a abandonar o PSC.

Agora si, de seguro que cando se agoten todos os cartuchos con EH-Bildu teremos unha segunda parte coa CUP. De seguro que viviremos un episodio no que teñamos que distinguir entre zapato bo e sandalia mala. Enténdese, non?