Explicación do informe do “Sistema Nacional de Salud” (SNS), a xaneiro do 2019. Veremos que os dados que revela este informe, son moi significativos e dan luz a moitos dos interrogantes de por que o sistema ten tan mala valoración polos usuarios e usuarias...mais os e as profesionais que traballan nel teñen tan boa nota nas enquisas do propio ministerio de sanidade.

Comenzaremos explicando cales son os principais problemas crónicos de saúde: 20% Hipertensión Arterial, 19% Dor Lumbar, 18% Colesterol alto, 18% Artrose, 15% Alerxias, 11% Saúde Mental, 8% Diabetes. O 80%dos problemas de saúde son: Hta, lumbalxias,cifras de colesterol alto e artrose. Independentemente de que unha persoa poda ter todas…… A Saúde Mental representa o 11% e non dispoñemos de psicólogas nos Centros de Saúde. A Artrose e as Lumbalxias resolveríanse con Fisioterapia en moitas ocasións e non dispoñemos de fisioterapeutas nos Centros de Saúde. Coa colaboración de enfermaría, e doutras profesionais, moitos dos problemas de saúde poderían resolverse neste nivel asistencial.

A distribución do gasto sanitario público xestionado polas comunidades autónomas é o seguinte: en remuneración do persoal: 45%; en consumos intermedios: 26%; noutros conceptos: 19%; nos concertos: 9%; nos servizos de atención especializada: 64%; en Farmacia: 17% ; en Atención Primaria: 14% e noutros: 5%.

No SNS temos en Medicina 144.000 profesionais: 35.000 profesionais en Atención Primaria, 81.000 profesionais en Hospitais, 3.000 profesionais en Servizos de Urxencias e Emerxencias (no 112 e no 061) e 25.000 profesionais especialistas en formación. Outras profesionais: 294.000: 26.000 outras profesionais en Atención Primaria, 253.000 [email protected] profesionais en Hospitais, 13.000 [email protected] profesionais en Servicios de Urxencias e Emerxencias (no 112 e no 061) e 2.000 outros profesionais especialistas en formación. Si valoramos a cantidade de persoal en AP e en AH e o comparamos ca resolución de problemas ás persoas, vemos que a mitade de persoal de AP resolven o 80% dos problemas sanitarios da xente. Importante a diferenza de gasto: nos servizos de atención especializada: 64% e en Atención primaria: 14%...

No Gasto Sanitario, o SNS a nivel Público, gasta 72.000 millónes € / ano o 6,5 % do PIB e 1.559 € / habitante; 7 de cada 10 € destinados a asistencia curativa, rehabilitación e coidados de larga duración; 11.000 millóns de € en receitas de medicamentos. O Sistema Privado concertado, gasta 29.000 millóns € /ano o 2,6 % do PIB e 631 € / habitante; 9 de cada 10 € son pagos directos dos fogares, principalmente asistencia curativa e rehabilitadora (incluída a atención dental), medicamentos (incluido o copago), lentes e audífonos. Por habitante, o SNS gasta 1.559 euros na Pública; na privada concertada gastan 631 euros por habitante atendido. Agora, en Galicia, pretenden as autoridades sanitarias darlle ós que atenden na privada, a capacidade de poder receitar medicamentos, co cal sería a porta de entrada ó encarecemento da minuta neste concepto (11.000 millóns de euros en receitas de medicamentos gástanse na Pública). É clarificador a diferenza de gasto na privada e na Pública por persoa: evidentemente a calidade non pode ser a mesma, sendo ademáis a Pública a que realiza os procedimentos máis conplexos e de máis coste: tratamentos de pacientes con accidentes cerebro vasculares, enfermidade de Alzheimer, operacións cirúrxicas complicadas e de larga duración na rehabilitación, etc.).

No Sistema Snitario Público, cerca de 7 de cada 10 persoas consideran que o sistema sanitario funciona ben. Máis de 2 de cada 10 opinan que necesita cambios. Menos de 1 de cada 10 pensa que hai que refacelo. A valoración polo cidadán do sistema sanitario é moi boa (7 sobre 10): nas consultas de Atención Primaria un 7,3. Nos Ingresos e asistencia en hospitais 6,9. Nas consultas de atención especializada 6,8. Na atención de urxencias un 6,1. Está claro que a cidadanía percibe que a atención que recibe por parte [email protected] profesionais sanitarios é a axeitada e cunha nota alta. Deberíamos preguntar a xente pola XESTIÓN DOS RECURSOS NA SANIDADE PÚBLICA. O QUE OPINA [email protected] [email protected] (algo que nunca se fai).

Outro tema importante é a atención de galegos e galegas noutras CCAA e cidadáns destas comunidades [email protected] en Galicia. Atendemos máis en Galicia: máis do dobre para ser exactos. Aínda que en realidade non son estrictamente pacientes, senón asistencias, no ano 2018 en Galicia atendérose a 236.838 ciudadáns doutras comunidades, mentras que outros servizos de saúde atenderon a 113.344 [email protected], o que supón menos da mitade. Quen paga esta atención? Fáise a través dun sistema de compensación, o Fondo de Garantía Asistencial (FOGA). Cada comunidade contabiliza no seu sistema de información as asistencias que realiza anualmente a pacientes que están aquí temporalmente pero residen noutras autonomías, e o Ministerio, realiza unha compensación entre elas. Pero fáise así na realidade…….?

Cos dados expostos, temos que ser conscientes de que o SNS, tal e como ven recollido na constitución do Estado español e nos estatutos de eutonomía de cada Comunidade Autónoma: é moi bo. O uso que estamos facendo dél e a administración dos recursos por parte [email protected] [email protected], é o que falla. Algo tan importante e que é o ben máis preciado que temos: a saúde, non podemos deixalo esmorecer por culpa da mala xestión dos recursos. Nas nosas máns está coidalo e melloralo e que non sexa a privada a que se faga cargo de servizos nos que previamente a administración non invertiu os recursos necesarios, para logo ter a disculpa de privatizalos. Somos moitos e moitas, as persoas que defendemos o sistema dende diferentes estamentos...pero é cousa de todos e todas.

Un país que ten unha Atención Primaria de calidade, universal de verdade, digna e que a administración inviste o que corresponde nela, xunto ca labor que fan @s profesionais, é un país avanzado e terá unha saúde moito mellor, cuns índices de calidade a alza, comparado con aquél que só inviste en sanidade especializada, en gran aparataxe e con recursos para a sanidade privada.

De nós depende.