O día 13 de novembro, presentouse na Consellaría de Sanidade un “documento”, titulado Por unha atención primaria vertebradora del sistema de salud. Documento estratégico y de gestión (noviembre 2019). Este documento, en español, foi presentado por varios “expertos”, dunha “comisión” encargada pola Consellaría de Sanidade a 16 persoas, entre elas a Rafael Bengoa (vasco) e Jordi Varela (catalán). Estas 16 persoas, foron elexidas polos Colexios Médicos de Galicia e as Sociedades Científicas (algunhas…). A validez das persoas en cuestión, ninguén as pon en dúbida. En palabras do Sr. Antonio Fernández Campa, xerente do Sergas (segundo da Consellaría de Sanidade) este informe “non é vinculante” (non sabemos si contou con algún orzamento por parte da Consellaría, pero o preguntaremos no Parlamento).

Mentras isto sucedía, 206 persoas, de TODOS OS estamentos da Atención Primaria, levan traballando 6 meses, nas 15 Comisións Técnicas creadas pola Consellaría de Sanidade, no marco da Mesa de Diálogo solicitada polos Sindicatos e o Comité de Folga, en abril do 2019: o chamado Consello Técnico de Atención Primaria de Galicia. O obxetivo fundamental destas Comisións Sectoriais é crear un marco de diálogo que nos levara a un Novo Modelo de Atención Primaria en Galicia, que fora capaz de resolver os gravísimos problemas denunciados polos profesionais e os sindicatos (…e organizacións veciñais, organizacións científicas, organizacións sociais, organizacións de enfermas, de familiares de enfermas, organizacións políticas, etc.. en xeral, calquera que teña que facer uso do Sistema Sanitario Galego en AP que ben sabe o mal que está).

Durante os últimos anos, os gobernos do Partido Popular en Galicia, da man do Sr. Feijoo, foron deteriorando a AP en Galicia, deixando de investir o que deberían, sobre todo en persoal. Por moito que aumenten o investido o ano anterior, non compensa, ni de lonxe, o orzamento que tiñamos en 2009. A Tasa de Reposición mal entendida, levou a un déficit de profesionais no Sistema, que masificou as consultas e dificultou o acceso a atención das persoas doentes. A AP deteriórase día a día, e así, o PP ten a disculpa para PRIVATIZAR os servizos máis rentables para a xente cercana o PP. Primeiro non invistes, logo deteriórase e por fín: vendese. A comorbilidade e a mortalidade que estamos vendo como consecuencia do deterioro é evidente. A resposta da administración, é un Plan Galego de Atención Primaria 2019-2021, un documento de “expertos” e o Consello Técnico de AP.

Ten sentido que 3 organismos diferentes estea traballando, en teoría, pera o mesmo. A táctica do “DIVIDE E VENCERÁS” que sempre tivo bos resultados para o PP no pasado, en temas sanitarios, xa non cola. A xente sabe que as Comisións Sectoriais do consello Técnico están traballando duro...e ben. A Carteira de Servizos de cada categoría na AP está elaborada. O Mapa de Competencias, tamén. As suxestións para resolver os problemas do día a día...tamén. A pregunta do millón é: fará caso a adminsitración o que dí o Consello Técnico? Porá en marcha as medidas que no documento se expoñen? Teremos a posibilidad, ENTRE [email protected], de ter un Novo Modelo de AP en Galicia, en breve, CONSENSUADO por e para Galicia?

O día 4 de decembo do 2019, teremos unha nova xuntanza do Consello Técnico de AP. Nela, esperamos o documento en cuestión e o caso que nos fixo a Consellaría de Sanidade.

Xogámonso moito. As organizacións que pretendemos un Novo Modelo de AP, estamos vixiantes. Temos sobre a mesa a realización de mobilizacións, en breve, aínda que esperaremos o resultado do documento que elabore a Consellaría de Sanidade a partir dos traballos das Comisións Técnicas e actuaremos en consecuencia. Váinos moito nesto, empezando polo futuro da Atención Primaria e da Sanidade Pública en Galicia. Depende de TODASE TODOSS, de nós tamén, pero sobre todo da administración.